O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o sector vitivinícola como exemplo representativo da Galicia Calidade, e valorou que constitúe tamén unha peza esencial dun rural vivo e produtivo.
Así o sinalou esta tarde durante a súa participación na entrega de premios do certame Catas de Galicia, organizado pola Xunta e que recoñece os mellores viños, augardentes e licores da comunidade autónoma. No acto tamén participou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
Nesta edición recibíronse 462 mostras, correspondentes a 152 empresas, a maioría de viño. Máis de medio cento de expertos participaron nas precatas e nas catas finais, que contaron cun panel final de 12 profesionais de recoñecido prestixio vinculados á enoloxía.
Finalmente Cuñas Davia,de Adegas Valdavia, SL, na DO Ribeiro, alzouse co Acio de Ouro ao Mellor Viño Branco de Galicia, mentres que Via Romana, de Adegas e Viñedos Vía Romana, SL, na DO Ribeira Sacra, logrou o Acio de Ouro ao Mellor Viño Tinto de Galicia.

Velaquí os reusltados completos das Catas de Viños e Augardentes de Galicia 2026:

Galego





Control OJD