A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Cun aturuxo, sobran as palabras: Leyma celebra o día de Galicia cun vídeo especial e un concurso 

A marca galega celebra o 25 de xullo presentando un vídeo conmemorativo no que destaca o aturuxo como parte vital da cultura galega. Ademais, a través das súas contas oficiais de Instagram e Facebook, Leyma pon en marcha un concurso no que reta aos seus seguidores a facer o aturuxo máis longo e representativo a cambio de litros de leite.

Leyma Día de Galicia hd from Grupo Lence on Vimeo.

En Galicia, bástanos un simple berro para sentir orgullo pola nosa terra: o aturuxo. Por iso, Leyma, pertencente ao Grupo Lence, única empresa láctea galega que está entre as seis máis grandes de España, sitúao como a peza central da súa campaña con motivo do Día de Galicia.  

Dita campaña está composta por un vídeo especial, que contén imaxes de diferentes puntos de Galicia, son de pandereita e un aturuxo prolongado, así como un concurso convocado nas contas oficiais de Instagram e Facebook da compañía. As persoas que queiran participar deben facer o aturuxo máis prolongado e representativo que poidan. O gañador recibirá litros de leite de Leyma. Por cada 10 segundos de aturuxo, ofrécense 100 litros de leite, e se o aturuxo gañador é de, por exemplo, 9 segundos, esa persoa levará 90 litros.  

Os requisitos que hai que cumprir para participar son seguir a unha das contas de Leyma en redes sociais, confirmar a participación deixando un comentario no post da devandita rede social e compartir o aturuxo de forma pública mencionando a conta da compañía. O prazo para participar finaliza o 25 de xullo ás 23:59 horas, e o martes, día 26, anunciaranse os gañadores no perfil oficial de Leyma en Facebook.  

Un berro cheo de orgullo 

Un aturuxo, segundo sinala o dicionario da Real Academia Galega, é un berro agudo, forte e prolongado que se emite como sinal de alegría, nas festas, nas foliadas e mentres se realizan algúns labores agrícolas. Tradicionalmente, relacionouse, sobre todo, con ambientes festivos, o rural galego e o folclore. 

Recentemente, o trío musical galego Tanxugueiras logrou que o aturuxo viva unha segunda mocidade. Na canción Terra, a súa proposta para representar a España no festival de Eurovisión, lanzaban un destes berros. Ademais de convertelo en algo interxeneracional, posibilitaron que moitas persoas de fóra de Galicia o coñecesen. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *