A romería de San Lourenzo, na Pena do Pico (Penamaior – concello de Becerreá) celebrará unha rapa das bestas e actividades de divulgación da cultura do cabalo que se desenvolverán durante o vindeiro domingo -11 de agosto-. Esta festividade conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Deste xeito, o programa da xornada recollerá conferencias sobre o cabelo galego e o seu uso no monte, a partir das experiencias de Puraga, dos comuneiros do MVMC de Carballo, de Friol e das gandeirías da zona que introduciron o cabalo para complementar o silvopastoreo.
“A iniciativa de Rente ao Couce e das gandeirías de aproveitar a romería popular e o entorno natural no que se celebra para celebrar a rapa e un programa divulgativo que contribúe a dimensionar a importancia desta tradición para a vida do cabalo no monte e que valoriza a contribución da gandería extensiva ao mantemento do territorio”, sinalou o deputado de Rural Daniel García, en compañía da deputada de Cultura, Iria Castro, durante o anuncio do programa coas ganaderías organizadoras.
Programa
11. 00 h.
Subida deportiva
12.00 h.
Charla: “A historia da romaría de San Lourenzo”. Xavier Moure
13.00 h.
Misa campestre
13.45 h
Sesión vermú e comida campestre
16.00 h.
Conferencia e demostracións sobre o cabalo galego e o seu uso no monte.
Presenta e modera. Miguel Cordero (Granxa Teixeiro E Pistón)
“O léxico da hipoloxía no galego oral e o cabalo galego. Morfoloxía e funcionalidade” Fernando Groba (Puraga)
“Presentación e explicación das fases da rapa do cabalo galego no monte e o seu uso como xestor do medio e da biomasa”. Ángel Buján (Lito de MVMC Carballo)
17.00 h
Rapa das Bestas
Ganderías : Teixeiro E Pistón, Ramos, Moreira, Liñares
19.00 h.
Grupo de Gaitas Os Trasnos
20.30 h. DJ DBC
21.30 h. Cea
23.00 h. Verbena