Cultivos alternativos para o pago verde da PAC (VII): o triticale

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) presentou este ano unha serie de fichas de cultivos forraxeiros que poderían empregarse para cumprir cos requirimentos de diversificación do chamado pago verde. Seguimos a serie de cultivos de inverno co triticale.

Cultivos alternativos para o pago verde da PAC (VII): o triticale

Campo de triticale

Requirimentos edafoclimáticos e de fertilización

É unha planta bastante rústica, que tolera mellor as xeadas e a seca que o trigo. Adáptase ben a solos ácidos e pobres, aínda que responde moi ben en terreos produtivos. Ten uns requirimentos de solo e de fertilización só lixeiramente superiores aos do centeo, aínda que é algo menos precoz que este. A temperatura óptima de crecemento é de 10 a 24 graos.

A efectos de cálculos de fertilización, as producións medias de gran de triticale están comprendidas entre 6 e 8 toneladas por hectárea. Para un solo con niveis medios de fósforo e potasio e para unha produción estimada de 6 tn/ha de triticale recoméndase un abonado de 180 kg de nitróxeno, 84 kg de fósforo e 150 de potasio. O abonado de fondo incluirá todo o fósforo e o potasio e un 25 a 30% do nitróxeno. O resto aplícase entre o afillado e o encanado.

Se a finalidade é obter forraxe, para unha produción de 5 toneladas de materia seca por hectárea de forraxe ao inicio do espigado, a recomendación é aplicar 100 kg de N, 60 Kg de fosforo e 130 kg de potasio. O abonado nitroxenado repartirase nun 30% na sementeira e un 70% na saída do inverno.

Co respecto á acidez do solo, recoméndase ter un solo con menos dun 10% de aluminio. Para as doses de encalado, consultar o díptico “A fertilización dos cultivos”.

Época de sementeira

TRITICALE_CADR_1

Variedades:

Débese ter en conta a precocidade, xa que as variedades máis tardías son as máis adecuadas para o aproveitamento forraxeiro, xa que desenvolven unha maior biomasa e permanecen máis tempo en estado vexetativo para que poidan ser pastoreados.

Débense elixir variedades que se adapten ben ás condicións agroclimáticas da zona de sementeira e a data de aproveitamento que desexamos realizar.

Sementeira e preparación do solo:

O laboreo tradicional consta cunha labor profunda, a 20-30 centímetros, para alzar a terra, enterrando os resíduos do cultivo anterior, e unha labra superficial cunha fresa, un cultivador ou unha grade de discos en pase cruzado, para enterrar os fertilizantes e obter unha cama de sementeira axeitada.

Para obter unha boa nacenza precísase sementar nun leito fino e húmido. A preparación do terreo será máis coidadosa canto máis tarde se realice a sementeira. As sementeiras débense adiantar canta máis altitude teña a zona, xa que se alonga o ciclo.

O momento da sementeira é esencial para alcanzar unha boa produción. Por tanto, se recomenda en altitudes baixar realizar a sementeira entre o 15 de outubro e o 15 de novembro, xa que as sementeiras máis tardías poderían minguar os rendementos ao producirse danos por xeadas en estado de plántula.

As sementeiras débense adiantar canta máis altitude teña a zona, xa que se alonga o ciclo.

Gran de triticale

Gran de triticale

A maquinaria que se debe utilizar é unha sementadora de liñas, con separación de entre 12 e 17 centímetros, e profundidade de sementeira de 2 a 4 centímetros.

A dose de sementeira recomendada é de 400 sementes por metro cadrado. Esta dose pode variar segundo o tipo de solo, climatoloxía da zona e tipo da variedade elixida, así como do momento da sementeira, que afectará ao nivel de afillado da variedade. As doses de sementeiras temperás sempre serán menores que as tardías. Se a sementeira se realiza a voleo, a dose terá que incrementarse nun 25-30%.

Herbicidas recomendados:

Débese utilizar un herbicida específico para triticale. Segundo as malas herbas presentes no cultivo, pódense aplicar os seguintes: para folla estreita, clodinafop propagil+cloquintocet mexil, tralkoxidim, fenoxaprop-p-etil. Para as de folla ancha: carfenrazona etil, tribenuron, bromoxiniol+ioxinil+MCPP, tifensulfuron metil 50+tribenuron metil 25. É importante eliminar a competencia das malas herbas nos primeiros meses.

Manexo fitosanitario: enfermidades e pragas

Unha característica importante do triticale é a súa elevada resistencia ás pragas e enfermidades. Aínda que pode presentar as mesmas enfermidades que o trigo (septoria, roia amarela, roia parda, oídio, helmintosporium), é moito máis resistente que este.

As materias activas autorizadas como funxicidas son: carbendazima, clortalonil, metiltiofanato, procloraz, tetraconazol e femproniprof. Respecto ás pragas, son pouco importantes. A máis común soe ser o ataque de pulgóns, que se pode controlar coas materias autorizadas: esfenvalerato 5% ou lambda cihalotrin 10%.

Colleita, rendemento e valor nutritivo

O triticale pode utilizarse para gran, forraxe e como dobre aptitude. Para forraxe ten unha produción máis alta e de mellor calidade que o centeo. O triticale produce máis biomasa que o trigo, polo que é máis interesante para aptitude forraxeira, xa que ten unha altura de 0,9 a 1,5 metros.

Presenta as vantaxes do trigo e do centeo e ten máis valor nutritivo que a cebada

Presente características intermedias entre o trigo e o centeo, reunindo as vantaxes de ambas: igual que o centeo, presenta un bo crecemento en outono-inverno, pero a súa produción primaveral e a súa capacidade de rebrote son maiores. A súa palatabilidade e o seu valor nutritivo son elevados, similares aos da avea e superiores aos da cebada.

Se o aproveitamento é para sega para verde ou ensilado, o momento idóneo é entre o inicio da floración e o estado de gran pastoso.

O triticale para gran debe colleitarse no estado de madurez de colleita (13% de humidade do grao), estando as producións medias comprendidas entre as 6 e as 8 toneladas por hectárea.

No caso de aproveitamento dobre, o triticale pastoréase en outono-inverno, antes de que encane, para non reducir o rendemento en gran, e despois recóllese para gran seco non verán.

Na seguinte táboa amósanse os parámetros de produción e valor nutritivo observados nun ensaio levado a cabo no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), nos cales a forraxe de triticale colleitouse para ensilar en datas na que o estado fenolóxico da planta foi dende inicio de espigado ata gran en estado pastoso, nunha sementeira a finais de novembro con 300 sementes por metro cadrado, e cunha dose de fertilización de 400 kg por hectárea de 9-18-27.

TRITICALE_CADR_2

Descarga aquí a guía de cultiva do triticale elaborada polo CIAM.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información