Granja San José, situada en Tamarite de Litera (Huesca), é neste momento a segunda maior gandaría de vacún de leite de España, con nada menos que 3.776 vacas en muxido en 2024.
Tendo en conta as escasas marxes nos que se adoita mover a produción de leite e unido ao feito de que esta explotación se atopa nunha zona afectada pola seca, con restricións no regadío das leiras, a xestión da produción de forraxes é se cabe aínda máis crucial para a viabilidade económica desta explotación.
Para explicar como xestionan a produción de forraxes nesta gandaría, Dekalb, marca líder en sementes de millo e integrada na multinacional Bayer, convidou o pasado marzo a Salvador Castellanos, responsable de xestión de forraxes en Granja San José, a unha xornada técnica celebrada en Toques (A Coruña).
Como punto de partida, explicou que contan cunhas 1200 hectáreas de base territorial (unhas 400 en propiedade e 800 alugadas) na que buscan realizar unha ocupación máxima da terra para maximizar a produción de forraxes, das que son autosuficientes completamente e que representan o 60% da ración do seu rabaño, sendo concentrados o 40% restante.
Ensilado de millo en Granja San José:
“Buscamos que a terra non estea nunca parada, para o que rotamos un cultivo de inverno con outro de verán. Por unha banda facemos unha rotación de millo forraxeiro como cultivo de verán, que sementamos en abril, con raygrass, que sementamos entre agosto e setembro, e do que logramos tres cortes. E por outra banda, facemos unha segunda rotación de millo, que sementamos entre abril e maio, con triticale -sementado en novembro- ou cebada híbrida -sementada en decembro. Ademais, dedicamos parcelas ao cultivo de alfalfa, que sementamos en outubro e que renovamos cada tres anos”, explicou Salvador Castellanos.
En canto ás datas para a recolección das forraxes traballan co seguinte calendario:
-Raigrás: Realizan tres cortes en novembro, marzo e abril.
-Triticale: Realizan un corte para ensilar en torno ao 10 de abril.
-Cebada: Realizan tamén un corte para ensilar a finais de abril.
-Millo silo: Ensilan desde o 15 de agosto ao 15 de setembro, dependendo do ciclo.
-Millo para pastone: Realizan os traballos entre o 15 e o 30 de setembro.
-Alfalfa: Logran de media 8 cortes, que fan entre abril e outubro.
Rendementos:
En canto aos rendementos no caso do millo forraxeiro, e tendo en conta que dispoñen de regadío, no ano 2023 foron de 51,58 toneladas de materia húmida por hectárea para o de ciclo 700 -do que sementaron 563 hectáreas- e de 43,56 toneladas para o de ciclo 400, do que cultivaron 420 hectáreas.
Os rendementos de forma máis detallada de todas as forraxes que cultivaron o pasado ano en Granja San José foron os seguintes:
Estratexias para incrementar a calidade forraxeira
O responsable de xestión de forraxes en Granja San José explicou que para mellorar os rendementos das forraxes que cultivan seguen as seguintes estratexias:
En alfalfa:
Sección varietal con menos dormancia: 7,5-8,5
Proteína: 20-22% sobre MS
Relación folla/tallo:1
Intervalo entre cortes: 26 días.
Altura de corte 10 cm
En raigrás:
Selección varietal con porcentaxes de Humidade Relativa máis baixo a recolección.
Intervalo entre corte: nacemento a primeiro corte (60 días) , entre 2º e 3º corte (35 días máximo).
Altura de corte 12 cm.
En cebada e triticale:
Selección varietal con elevado stay green e sanidade vexetal
Corte en estadio entre inicio floración e 50% espigado
Altura de corte: 10 cm
Cultivo do millo en Granja San José:
En canto ao cultivo do millo, a base da alimentación do rabaño en Granja San José, e que ocupa case 1000 hectáreas da súa base territorial, as estratexias para mellorar os rendementos, Salvador Castellanos explicou que seguen os seguintes protocolos nas distintas fases de cultivo:
A )PREPARACIÓN DE TERREO:
-Mínimo laboreo: des compactador, rulo e sementeira, se o cultivo precedente é cebada ou triticale.
– Laboreo intensivo: cultivador, subsolador, rotativa e sementeira, se o cultivo precedente é raygrass.
-Sementeira: con máquinas de tecnoloxía de PRECISON PLANTING, de 12 corpos. Aplicarase en liñas á vez a semente (95.000 plantas/ha) e o insecticida sólido LAMBDA CIHALOTRIN 0,4% (GR)
Realización de pocetas: realizarase cando fan laboreo intensivo e en terreos con desnivel xustificado para evitar a erosión por parte da auga de rega ou choiva abundante, co obxectivo de gañar capacidade de infiltración no período vexetativo de máximas necesidades hídricas. Actuarase entre os estadios de V6 a V9.
B) ELECCIÓN DE VARIEDADES:
Sementan ciclos 700-600
Que teñan aptitude para silo
Con inserción media de mazorca
Bo verdor a madurez
Rápido secado de grans
C) ABONADO:
Fertilizantes complexos NPK, aplícanse en sementeira (fondo) para equilibrar o contido do chan en elementos nutritivos.
Fertilizantes nitroxenados: complementan os requirimentos nutricionais en momentos de máxima necesidade.
Considerando as seguintes extraccións medias de nutrientes do millo:
N: 25 kg/1000 kg de gran producido
P2O5: 11 kg/ 1000 kg gran producido
K2O: 24 kg/1000 kg de gran producido
Considerando 12 tn de millo gran por hectárea, que equivalería a 18 tn de Materia Seca de silo de millo, as necesidades que estiman son:
N: 25 kg x 12 : 300 UF
P2O5: 11 kg x 12: 132 UF
K2O: 24 kg x 12 : 288 UF
“Para cubrir estas necesidades realizamos un abonado de 1000 kg/ha de suspensión 7-7-28 (NPK) no momento de sementeira. De fósforo teriamos un déficit, pero trienalmente facemos emendas orgánicas cos estercos xerados pola granxa. Con respecto ao Nitróxeno, aplicamos as 300 UF mediante fertirega desde V4 a VT (prefloración)”, explica o responsable de xestión de forraxes en Granja San José.
D) ENSILAXE:
Para lograr unha boa estabilidade aeróbica -minimizar a entrada de osíxeno no silo- seguen, entre outras, as seguintes pautas de manexo:
-Picado entre 20-22 mm, dependendo de %MS
-Procesado do gran con sistema Schredlage
-Altura de corte 30 cm
-Materia Seca: 34-38 %
-Aumento a compactación: Capas de menos de 10cm
-O peso da maquinaria ha de ser a terceira parte do que se entra nunha hora.
E) ANALÍTICAS DOS SILOS DE MILLO DE GRANJA SAN JOSÉ EN 2023: