Culleredo e A Capela acollen a próxima semana as xornadas “Son de Monte”

Os concellos coruñeses de Culleredo e A Capela serán os próximos destinos das xornadas “Son de Monte”, coordinadas polo GDR Limia-Arnoia en colaboración con outros cinco Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia.

O obxectivo das mesmas é traballar cos diferentes axentes sociais de cada territorio para contribuír á valorización do monte.

A terceira xornada Son de Monte celebrase este luns, 9 de maio, no local da Asociación de Veciños de Celas, no concello coruñés de Culleredo. A sesión comeza ás 10:00 horas e durante a mesa expoñeranse diversas propostas para a xestión e o aproveitamento dos montes.

Ao día seguinte, o martes 10 de maio, terá lugar na Casa da Cultura das Neves no concello de A Capela (A Coruña) a cuarta xornada Son de Monte na que se falará de temas como a cooperación, o silvopastoreo e aspectos xurídicos.

Na páxina web sondemonte.gal pode consultarse o programa completo de cada unha das xornadas. A participación é gratuíta e para asistir é necesario inscribirse previamente no seguinte formulario: https://sondemonte.gal/xornadas/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información