Cuestionan que granxas de Ternera Gallega queden fóra das axudas para réximes de calidade

Cuestionan que granxas de Ternera Gallega queden fóra das axudas para réximes de calidade

Unións Agrarias advirte de que as resolucións das axudas para réximes de calidade están sendo negativas para a gran maioría dos gandeiros inscritos en Ternera Gallega. É unha situación derivada de que os fondos destinados para esta liña de apoios é insuficiente para cubrir tódalas solicitudes, segundo a organización agraria.

“Os a penas 200.000 euros dispostos por Medio Rural non están acompasados co incremento de solicitudes, polo que os inscritos no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, que contan con 10 puntos adicionais no baremo, son os principais beneficiarios”, aseguran desde Unións.

A organización defende que a Xunta tería que ter habilitado un orzamento suficiente para cubrir tódalas solicitudes. Estas axudas para réximes de calidade son un estímulo para que agricultores e gandeiros certifiquen as súas producións, e se ben trátase de axudas de escasa contía, de media arredor de 200 euros segundo Unións, a organización subliña a súa importancia nun momento “dunha importante suba dos custos de produción e de falta de produción das pradarías polas secas”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información