A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Crystalyx Garlyx, un suplemento nutricional para o gando que axuda a repeler os insectos

O produto contén compoñentes do allo e extractos vexetais, polo que unha vez inxerido o alimento, os animais emiten un cheiro que contribúe a afastar os insectos

Crystalyx Garlyx, un suplemento nutricional para o gando que axuda a repeler os insectos

A preocupación nas ganderías polo impacto das enfermidades transmitidas por vectores levou a Crystalyx a mellorar o seu suplemento nutricional ‘Crystalyx Garlyx’, un penso complementario vitamínico – mineral que axuda a repeler os insectos voadores, como os mosquitos, causantes da transmisión da EHE, dermatose nodular e doutras enfermidades, como a lingua azul.

Crystalyx Garlyx, a parte de estimular a flora ruminal e proporcionar un paquete equilibrado de minerais e vitaminas, contén compoñentes de allo, o que fai que os animais exuden o cheiro sulfuroso dos allos. Ese cheiro na pel dos animais activa os mecanismos naturais de defensa fronte aos insectos voadores.

O produto, que tamén apoia as defensas do gando contra as enfermidades, reduce a inquietude que provoca no gando a proliferación de mosquitos, mellorando o seu benestar.

Recomendacións de uso
Crystalyx Garlyx ofrécese en formato de cubos para lamber. Aconséllase a colocación de dous cubos por rabaño, para evitar a competencia. É un produto recomendado tanto para gando bovino como para ovellas e cabras. No caso das vacas, aconséllase a colocación de 2 cubos de 80 Kg. cada 50 animais, ou de 2 cubos de 22,5 Kg. para lotes de 20 vacas.

O consumo diario por vaca estímase en ao redor de 150 – 250 gramos de media, en tanto nos tenreiros baixa a 100 – 150 gramos ao día e nas ovellas a 40 – 60 gramos ao día.

O produto é resistente á choiva e á intemperie, pero débese protexer dos raios do sol, pois ao quentarse, é menos apetecible para o gando.

O seu uso está recomendado para gando de carne e nas granxas de leite (tanto para xovencas como para vacas adultas).

Prevención de enfermidades

Os insectos, ademais, poden transmitir outros patóxenos, ligados coa mastite e queratoconxuntivite, e en xeral perturban o benestar dos animais, tendo un impacto negativo no seu rendemento.

Outros beneficios
A maiores do seu efecto na prevención de enfermidades, Crystalyx Garlyx é un suplemento vitamínico – mineral pensado para aumentar o rendemento dos animais, xa que contribúe a incrementar a inxesta da forraxe e mellora a súa dixestibilidade.

O obxectivo é proporcionarlle ao gando un penso complementario equilibrado que contribuirá ao seu aumento de peso e de produción.

Para máis información

icono whatsapp606 644 263 / 640 824 113

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *