Críticas dos gandeiros á “excesiva burocracia e escasa contía” das axudas da Xunta para paliar os danos dos lumes forestais

Decenas de instalaciones ganaderas fueron arrasadas por las llamas

Decenas de instalaciones ganaderas fueron arrasadas por las llamas

No Diario Oficial de Galicia do 30 de agosto de 2025 publicaronse un Decreto da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes máis unha serie de Ordes de varias Consellerías (Medio Ambiente e Cambio Climático, Facenda e Administración Pública, Medio Rural…) nos que, derivados dunha situación de emerxencia de natureza excepcional producida pola vaga de incendios sucedida en Agosto de 2025, se viñan a establecer unha serie de protocolos e axudas destinadas á reparación dos danos e perdas causados.

Á vista de ditas axudas, a Asociación do Sector Primario de Galicia (ASPG) considera que as mesmas “son de escasa cuantía, excesivamente burocráticas e trasladan ó cidadán unha tarefa engorrosa e dificultosa que debería asumir a Administración de xeito que, desa forma sería moito máis áxil e doado para os afectados”.

Dende a Asociación do Sector Primario de Galicia (ASPG) propoñen estas liñas de actuación que se consideran se deberían adoptar con carácter urxente:

1.- Intervención inmediata de maquinaria e personal nos montes para previr as escorrentías de cinza por mor da choiva.

2.- Contratación de empresa publica ou privada para a reconstrucción de danos: peches de fincas, pistas, vivendas, naves, maquinaria, etc…

3.- Destinar técnicos de medio rural co fin de que sexan eles os que chamen ós afectados e, coa colaboración destes últimos, poidan elaborar as necesidades persoais de cada quen e así tramitar directamente as axudas necesarias en cada caso concreto. “Que sexa a Administración quen teña una actuación proactiva nas axudas en vez de que sexan os afectados quen as teñas que solicitar, xa que eso implica exceso de burocracia, elaboración de informes, presentación telemática etc… que moitos afectados non poderían realizar por sí mesmos véndose obrigados a contratar xestorías para a súa confección”, engaden dende a asociación.

4.- Baremos das axudas realistas e acordes ao mercado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información