Critican que a Xunta conte con Asaja Galicia pero non coa Fruga para negociar a PAC

Critican que a Xunta conte con Asaja Galicia pero non coa Fruga para negociar a PAC

Membros da dirección da FRUGA nunha rolda de prensa

En datas pasadas, a Consellería do Medio Rural mantivo unha xuntanza con representantes do sector agrogandeiro galego, co obxectivo de buscar unha postura común ante a reforma das axudas da PAC.

Neste sentido, a FRUGA considera “sumamente importante que Galiza poida ter unha postura común, ante a futura reforma da política agraria común”, para o que lle pide á Consellería de Medio Rural que “convoqu a todas as organizacións profesionais presentes a día de hoxe no sector agrogandeiro galego”. “Do contrario será imposible chegar a unha postura común, debido a que houbo organizacións profesionais agrarias, como é o caso de FRUGA -ou Agromuralla- que non foron convocadas”, advirten.

“Non entendemos moi ben cales foron os criterios que tivo en conta a Consellería do Medio Rural para levar adiante esta convocatoria, xa que se convocaron organizacións con presenza no Consello Agrario Galego, e outras organizacións que non forman parte dese organismo, como é o caso de Asaja Galicia, que si foi convocada para esta reunión. Estamos a falar neste caso dunha organización próxima o Partido Popular, que non se presentou nin as eleccións do ano 2002, nin ás últimas convocatorias de Consellos Reguladores, e que segundo as nosas informacións non ten presencia legal na Galiza”, engaden dende a Fruga.

Por iso, dende a Federación Rural Galega, exíxenlle á Xunta que “nas futuras xuntanzas sobre este tema, conte con todas as organizacións representativas do agro galego”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información