Criterios da Consellería de Economía sobre actividades esenciais no ámbito forestal

Criterios da Consellería de Economía sobre actividades esenciais no ámbito forestal

Procesadora forestal en monte. / Arquivo.

Trala incertidume xerada nos últimos días sobre que actividades forestais son esenciais e poden, por tanto, manter a actividade, a Consellería de Economía fixo públicos os seus criterios. Ningunha outra Administración se pronunciou sobre o tema. De feito, a Consellería do Medio Rural lembrou onte que lle solicitou unha aclaración oficial tanto á Delegación do Goberno como ó Ministerio de Transición Ecolóxica, con competencias no ámbito forestal.

Os criterios publicados pola Consellería de Economía especifican tódalas actividades que considera esenciais nos distintos ámbitos industriais e de actividade das súas competencias. En canto ó sector forestal, considera que de acordo co real decreto sobre permiso retribuído, poden considerarse esenciais as seguintes actividades que se listan embaixo.

Industria da madeira, excepto mobles. Cestería e espartería
CNAE 1610 – Aserradoiro e cepillado de madeira.
CNAE 1621 – Fabricación de chapas e taboleiros de madeira
CNAE 1624 – Fabricación de envases e embalaxes de madeira.
CNAE 1629 – Fabricación doutros produtos de madeira, artigos de cortiza, cestería e espartería.

Industria do papel
1711 – Fabricación de pasta papeleira, papel e cartón.
1712 – Fabricación de papel e cartón.
172x – Fabricación de artigos de papel e cartón.

Actividades de suministro á industria da madeira e traballos de prevención de incendios
0210 – Silvicultura e outras actividades forestais.
0220 – Explotación da madeira.

Nos últimos días, o sector forestal optara por manter activos os que consideraba servizos esenciais, á espera dunha clarificación das Administracións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información