Criadores de raza Cachena pídenlle á Xunta que promova unha poxa anual e elimine o coeficiente de carga gandeira

Criadores de raza Cachena pídenlle á Xunta que promova unha poxa anual e elimine o coeficiente de carga gandeira

Reunión dos gandeiros con Boaga no pazo de Fontefiz

Un total de 25 ganderías de toda Galicia con cachena mantiveron o pasado mércores, día 2, unha reunión no pazo de Fontefiz (Coles-Ourense) con Boaga, a asociación dependente da Consellería do Medio Rural encargada do conservación e fomento das razas autóctonas galegas.

Unha das demandas trasladadas polos criadores da raza cachena foi a creación dunha poxa anual para a venda e intercambio de animáis das 5 razas autóctonas galegas de  bovino (cachena, caldelá, limiá, frieiresa e vianesa), xunto ca ovella galega e galiña de Mos.

Asimesmo, reclaman á Consellería do Medio Rural que se elimine de cara ás axudas da PAC 2023 o actual coeficiente de carga gandeira para a conservación de raza autóctona, situado en 0.7 animais por hectárea. “Con esta eliminación conseguiríase que entrasen no programa máis do dobre das explotacións de autóctonas que ahora mesmo non optarían a esta axuda por conservación da raza”, explican os criadores.

Entre as ganderías que asistiron á reunión están Ganadería “Ractoral Santa Baia”, CCMM de Lucenza, Auga Lavada, Montes de Boado, Cachenas de San Breixo, Granxa Ecolóxica do Umia, Cacheniñas SL, Curvaceira SL, Granxa o Castiñeiro, Cachenas Cumios do Xistral, O Souto Das Cachenas, Cachenas Rodríguez-Pedrafita do Cebreiro ou Cachenas de Antía “Finca Eco-Robra”, Cachenas Pedra Cabalgada S.C e Cachenas Cas Fidalgo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información