
“Folla de ruta cara os créditos natureza”. Con ese nome, a Comisión Europea (CE) lanza unha iniciativa na procura de investimentos en actuacións positivas para a natureza. A ela poderán acollerse empresas, institucións financieiras, entidades públicas ou persoas físicas. Ademais de contribuir a ter ecosistemas más limpos, poden conseguir mellorar a súa reputación e obter unha maior aceptación social dos seus proxectos.
A Unión Europea (UE) ten o compromiso de asignar o 10 % do seu orzamento á biodiversidade no período 20256-2027 e a duplicar o gasto exterior nese concepto ata acadar os 7.000 millóns de euros. Dado que cada ano son precisos uns 65.000 millóns para o investimento en biodiversidade, agárdase que a entrada de novos actores financieiros permita obter resultados a gran escala e con rapidez.
As actuacións que contempla a folla de ruta serán valoradas e certificadas por organizacións independentes, de xeito que potenciarán a credibilidade dos inversores por medio de créditos natureza. Restauración de humedais ou ampliación de zonas forestais son un exemplo das accións que se busca implementar.
As accións de protección de natureza serán avaliadas e certificadas por organizacións independentes para reforzar a credibilidade dos inversores
Máis aló das posibles recompensas, dende a CE lembran que hoxe o risco asociado ao cambio climático está dando lugar a uns custos de seguros máis altos e danando as cadeas de subministro e as explotacións agrícolas, e podería levar as empresas a perder ata o 7 % dos seus beneficios anuais na próxima década se non se adaptan nin fomentan a conservación da natureza.
Asimesmo, a CE invita a todas as partes interesadas a participar na configuración desta iniciativa mediante convocatoria aberta de observacións ata este 30 de setembro. Para garantir un mercado de créditos natureza fiable, a CE vai crear un grupo de expertos que desenvolvan un enfoque ascendente na participación das partes interesadas afectadas. As solicitudes para a primeira fase de selección poderán presentarse ata o 10 de setembro de 2025.
O organismo europeo asegura que os créditos ofrecerán novas oportunidades de ingresos a agricultores, silvicultores, pescadores, propietarios de terras e comunidades locais, axudándoos a restaurar os ecosistemas e a reforzar a resiliencia das súas empresas.
A CE lembra que tres cuartas partes das empresas da zona euro dependen da natureza. Por eso, considera que os créditos natureza representan simultaneamente unha oportunidade para as empresas e para a restauración da biodiversidade e a preservación dos hábitats, ao tempo que xerarán ingresos para quenes traballen na protección e para os inversores.
Segundo o Foro Económico Mundial, máis da metade do PIB mundial e dous terzos do valor económico engadido da UE dependen da natureza e dos seus servizos ecosistémicos.

A protección dos humedais é unha das actividades que se van recompensar
A folla de ruta quere ademais evitar posibles fraudes e branqueos. Nesa liña, sinalan que van desenvolver estándares claros e certificacións fiables das actuacións para que os créditos natureza sexan eficaces, evitando as cargas administrativas supostas por adherirse a este tipo de réximes. Tamén se baseará nos estándares existentes e a gobernanza sólida para previr o branqueo ecolóxico.
Os créditos natureza estarán sometidos a estándares claros e regras de gobernanza para evitar fraudes e branqueos ecolóxicos
Nun comunicado de prensa, a presidenta da CE Ursula Von der Leyen declarou: “Temos que introducir a natureza na ecuación, e eso é o que fan os créditos. Ben deseñados, representarán un instrumento eficiente e orientado ao mercado que animará o sector privado a investir e innovar para xerar ingresos para quenes traballan na protección como os agricultores, propietarios de teerras e silvicultores.”
Actualmente, a UE proba iniciativas de créditos en Francia, Estonia e Perú e traballa con socios internacionais como a Alianza de Créditos á Biodiversidade, o Foro Económico Mundial e o Grupo Consultivo Internacional sobre Créditos á Biodiversidade. Os créditos poden axudar os estados membros a cumprir os obxectivos nacionais que fixa o Regulamento da UE sobre restauración da natureza e contribuír as metas do Marco Kunming-Montreal para a Biodiversidade.
Un sistema paralelo ós créditos de carbono
Os chamados ‘créditos natureza’ enfrontan moitos dos mesmos desafíos que outros sistemas que dependen de certificación e que tratan de recompensar resultados ambientais beneficiosos. A Comisión considera un exemplo a ter en conta o dos mercados voluntarios de carbono.
“É importante priorizar estándares ambiciosos e cientificamente rigurosos, monitoreo independente, uso claro e un sistema de gobernanza confiable, para previr riscos de reputación”, valora a Comisión.
A regulación da UE sobre a agricultura de carbono establece un sistema de certificación voluntario para as capturas adicionais de carbono e as reduccións de emisións, baseadas nun sistema de monitoreo, informes e verificación robusto.
De cara ó futuro, a UE plantéxase ademais integrar a biodiversidade na certificación de carbono, pois entende que contribuiría a fortalecer a credibilidade ecolóxica das unidades certificadas, á vez que de xeito indirecto se apoian os futuros créditos natureza.
A Comisión incide en que os créditos natureza permitirán apoiar actividades de escasa importancia no secuestro de carbono, pero de alto interese ambiental, como por exemplo o apoio a insectos polinizadores ou a restauración de ecosistemas secos.
Contexto galego
En España, existe desde hai anos un sistema de créditos voluntarios para a captura de carbono forestal. En Galicia, a Xunta está desenvolvendo o seu propio sistema, que terá en conta ademais o recente impulso comunitario ás capturas de carbono na agricultura e na gandería.
De cara ó futuro, os créditos natureza convírtense noutrra opción a explorar.
Galego





Control OJD