Os prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral do Mercado de Amio mantivéronse igual que na sesión do 12 de xuño.
En canto á asistencia de gando, na xornada de hoxe houbo 21 reses máis que na sesión anterior e rexistráronse 1.407 animais. En detalle, houbo 1.185 cabezas de vacún menor (unha máis que na sesión anterior); 66 de vacún mediano (-8 animais) e 156 de vacún grande (+ 28 reses).
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as clases e categorías desta carne.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (19-VI-2024)