Crean a mensaxe !Covid piérdete! nunha leira de millo dunha granxa ecolóxica galega

En casa Grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica do interior da Coruña, converteron unha leira de millo ecolóxico nun labirinto para visitar. É o primeiro eco labirinto de España creado con tecnoloxía de agricultura de precisión

Crean a mensaxe !Covid piérdete! nunha leira de millo dunha granxa ecolóxica galega

Nunha granxa ecolóxica coruñesa, Casa Grande de Xanceda, converteron unha das súas leiras de millo en ecolóxico nun labirinto para os visitantes da granxa. Ademais, agocha unha mensaxe entre os seus camiños, unha que só se pode ver desde o alto e que manifesta o desexo de moitos: “COVID Piérdete!”

Para crear este labirinto Anti-COVID utilizouse tecnoloxía de agricultura de precisión. Esta tecnoloxía programa ao tractor cun sistema de guiado e orde de sementeira. O deseño do labirinto, elaborado a escala e forma da leira, introdúcese nun software de guiado que indica como percorrer e sementar a leira, neste caso, en forma de labirinto con mensaxe.

Os labirintos no millo teñen unha longa tradición en EEUU e en Gran Bretaña onde todos os anos millóns de persoas esperan ansiosos a que o millo estea o suficientemente alto como para poder inaugurar a tempada de labirintos.

Durante o percorrido que mide en total máis dun quilómetro, os visitantes atoparán claves que lles axudarán a escoller o camiño correcto (ou o erróneo), pasadizos secretos e até un millómetro!

O labirinto só durará até finais de setembro ou principios de outubro, cando será recolleito para alimento das vacas da granxa. En casa Grande de Xanceda todos os anos seméntanse entre 30 e 40 hectáreas de millo ecolóxico que logo servirán de alimento para as súas 300 vacas ecolóxicas.

xanceda covid 2 precision

VISITAS COMPLETAS EN AGOSTO, E NOVAS VISITAS EN SETEMBRO

Casa Grande de Xanceda recibe visitas en grupos pequenos e é imprescindible reserva previa a través da web, requisito indispensable para organizar as dúas actividades (visitas e traballo en granxa) e conservar unha granxa tranquila.

As visitas do mes de agosto xa se completaron, pero a partir do 2 de setembro ás 12.00h poderase reservar as visitas do mes de setembro dispoñibles a través da súa páxina web: https://www.casagrandexanceda.com/ecovisitas-particulares.html

Todas as visitas de setembro inclúen ecolabirinto, contacto directo cos animais. E degustación dos produtos ecolóxicos que se elaboran na granxa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información