Creada en Rodeiro a Asociación Gandeira Rubia Galega do País

O presidente da Deputación, Luis López, asistiu este fin de semana á festa da vaca do país en Rodeiro, onde apoiou a creación do colectivo. López asistiu tamén a un xantar da cooperativa Horsal en Cambados

Creada en Rodeiro a Asociación Gandeira Rubia Galega do País

Luis López asiste á feira da Vaca Rubia Galega do País.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, celebrou este domingo en Rodeiro a creación da Asociación Gandeira Rubia Galega do País durante a inauguración da décimo terceira edición da Feira da Vaca Rubia Galega do País. Esta asociación xorde como forma de poñer en valor a gandería e o modo de vida rural.

O mandatario provincial estivo presente no seu concello de nacemento para participar no acto de apertura da feira e na tradicional poxa e concurso deste tipo de eventos. Unha celebración que rematou cunha comida confraternidade entre os gandeiros.

Xuntanza cos socios de Horsal

Luis López participou tamén no xantar de confraternización dos socios da cooperativa Horsal, que se celebrou en Cambados. Alí destacou o incremento ata 350.000 euros na convocatoria de subvencións dirixidas ás cooperativas agrogandeiras da provincia para o vindeiro ano.

O presidente da deputación durante o xantar na sede de Horsal.

O presidente da deputación durante o xantar na sede de Horsal.

“Desde a Deputación de Pontevedra temos unha sensibilidade especial co sector primario da nosa provincia. Un colectivo vital para a nosa economía e emprego, un motor económico de primeira e un orgullo por abastecernos de produtos de proximidade, sustentables e da máxima calidade”, sinalou o presidente durante o encontro.

O lanzamento desta liña de subvencións ás cooperativas fora anunciado polo propio López o pasado mes de agosto. A nova convocatoria, dotada con 350.000 euros, ten como obxectivo promover a modernización das instalacións, facilitar o traballo dos produtores e aumentar a súa competitividade.

“Recoñecer este labor vital dun colectivo fundamental foi o que nos propuxemos cando reforzamos esta liña de apoios ás cooperativas agrogandeiras da provincia”, concluíu o presidente da Deputación.

Na reunión destacou o incremento de ata 350.000 euros na convocatoria de subvencións.

Na reunión destacou o incremento de ata 350.000 euros na convocatoria de subvencións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información