Este martes celebrouse unha nova sesión da Central Agropecuaria de Galicia-Abanca en Silleda. Nesta ocasión suspendeuse o mercado de gando, ao igual que o do vindeiro martes, debido á celebración da feira Abanca Semana Verde. Só se celebrará a subasta de becerros de recría do martes 13 de xuño e a recepción de animais será a partir das 20 h. da tarde do luns día 12.
En canto ás mesas de prezos, sobe o porco cebado e baixan os leitóns e os ovos.
Baixada dos ovos e sen cambios no coello
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións nas categorías XL nos 1,40 euros a ducia. Para as restantes categorías decidiuse unha semana máis unha baixada do 0,02% , quedando a ducia da L nos 1,27 euros; a M nos 1,15 e a S nos 0,92 euros a ducia.
Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos nos 1,50 euros o quilo.
Suba no porco cebado e baixada nos bacoriños
En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou subir as categorías Selecta e Normal un 0,01%, quedando nos 1,445 e 1,420 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,013% ata os 1,844 euros por quilo e o desvelle mantívose tamén sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,92 e 0,98 euros o quilo.
En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións esta semana tamén subiron un 0,01% ata os 1,810 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea as cotizacións subiron tamén lixeiramente.
En canto aos leitóns, acordouse seguir coa baixada das cotizacións, esta semana de novo un 1% ata os 56 euros para os procedentes de varias explotacións e os 61 euros para os procedentes dunha única explotación.
Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira: