Cotizacións do gando en Amio

Cotizacións do gando en Amio

O mercado de Amio celebrou hoxe a súa terceira sesión tralo parón provocado polo coronavirus, nesta ocasión xa con táboas de cotización do gando de abasto. A tendencia xeral dos prezos segue sendo á baixa para tódalas categorías e calidades, pois a demanda está retraída pola incertidume existente.

En xeral, en comparación co mercado do 11 de marzo, o último antes da paralización de feiras, baixaron a maioría de prezos, a excepción das canais de clase O de peso entre 221 e 250 quilos, que subiron 5 céntimos. Tamén subiron 10 euros os prezos na recría frisona nos machos descostrados e lactantes. En Ternera Gallega, nesta sesión tampouco se reuniron os vogais da Mesa de Prezos.

A asistencia de gando á feira de hoxe foi de 1.686 reses, 271 menos que a pasada semana. Houbo 1.395 cabezas de vacún menor (325 menos), 136 de vacún mediano (15 máis) e 155 de vacún grande (39 máis).

Máis información
Táboa de prezos de Amio (10-VI-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información