Cotizacións de Silleda: Subida do porcino, dos ovos e do vacún maior e baixada dos becerros carniceiros

Becerros carniceiros en Silleda na sesión deste martes, na que se retomou a feira de gando vacún

Becerros carniceiros en Silleda

Este martes celebrouse una nova sesión da poxa de gando da Central Agropecuaria de Galcia -Abanca en Silleda, que ao concidir con festivo na maior parte de Galicia, non contou coa asistencia de becerros de recría.

En canto aos becerros pasteiros e carniceiros, tal e como xa se indicou a semana pasada, as cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA pasan a diferenciar as correspondentes a becerros pasteiros. Se o pasado martes, por cuestións técnicas, diferenciáronse unicamente en canto a prezos unidade e figuraban nun apartado dentro da categoría de “Becerros carniceiros”, dende este martes conforman xa una categoría propia denominada “Pasteiros”.

Como se explicaba o pasado martes, esta diferenciación vén propiciada pola dispoñibilidade dende ese día dun terceiro pavillón para acoller os animais da Central, o cal alberga dende entón aos becerros carniceiros e pasteiros, permitindo separar a estes últimos dos becerros de recría e telos así mellor localizados. Así, facilitarase aos compradores facer unha mellor e máis cómoda valoración dos animais para a súa posterior poxa e ademais suporá que os prezos medios serán máis coherentes e equilibrados dentro da categoría de “Becerros de recría”.

En asistencia, baixou notablemente ao ser festivo: 228 animais, moi por debaixo dos 355 animais da semana pasada. En canto aos prezos, os xatos carniceiros experimentaron unha baixada xeral, agás nos machos de Rubia Galega, que se revalorizaron de media 225 euros, mentres que as femias retrocederon 30 euros en relación á semana pasada. Nos becerros carniceiros de cruce o prezo medio dos machos foi de 1795 euros (1911 o pasado martes) e nas femias de 1474 euros (1566 na anterior cotización).

O vacún maior subiu 63 euros por animal na categoría Extra, mentres que o prezo medio das vacas de Primeira mantívose sen cambios.

SILLEDA 2026 FEBREIRO 4 vacun

No que respecta ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, os bacoriños seguen recuperando terreo, subindo outros tres euros esta semana tanto nos de procedencia única como nos que veñen de varias granxas. O porco cebado tamén experimentou unha suba, tras varias semanas en mínimos, e os ovos tamén cotizaron á alza.

SILLEDA 2026 FEBREIRO 4 porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información