Cotizacións da Central Agropecuaria do 10 de febreiro: lixeira suba no vacún

A media foi de 381 euros para os becerros de recría machos de cruce de entre 20 e 50 días e de 105 € para os frisóns. Nos carniceiros, o macho de cruce experimentou unha suba importante até os 775 euros.

As cotizacións da Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse por unha pequena suba de carácter xeneralizado en todas as categorías de vacún.

Nos becerros de recría, os de raza Frisona de entre 20 e 50 días, os máis numerosos, pagáronse a unha media de 105 €, un 0,5% máis que o martes pasado. Nos de cruce industrial, a media para os machos foi de 381 euros e de 295 para as femias, tamén na mesma categoría de entre 20 e 50 días.

Nos becerros carniceiros notouse algo máis a suba da poxa, sobre todo nos machos, tanto nos de cruce industrial (775 € fronte aos 703 da semana pasada), como nos de raza frisona (541 euros fronte aos 493 do martes pasado) e nos de Rubia Galega (862 fronte a 760 a pasada semana).

Por último, no vacún maior houbo unha suba case imperceptible: as vacas de Segunda Categoría, as máis numerosas, pagáronse a unha media de 707 euros, seis máis que o pasado martes. As de Categoría Primeira baixaron, quedando en 1.110€ e as de desfeito subiron 8 euros, cotizando a 448 € por animal.

Estabilidade nas mesas de prezos de coello, galiñas e ovos

Nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos mantivéronse sen cambios con respecto á pasada semana.

Nos coellos os prezos mantivéronse do seguinte xeito:

COTIZACIONS_COELLO_10_02_15

 

Podes consultar toda a información nesta ligazón. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información