A colleita 2023 da D.O. Monterrei recibe a calificación de ‘excelente’ na súa última cata

Unha década despois, os viños desta Denominación de Orixe repiten a máxima puntuación

Publicidade
A colleita 2023 da D.O. Monterrei recibe a calificación de ‘excelente’ na súa última cata

Imaxe do equipo de cata.

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei vén de acoller a Cata de Calificación da Cosecha 2023, un evento no que participaron destacados representantes de asociacións profesionais, do sector da restauración e de consellos reguladores vitivinícolas, xunto co panel oficial da denominación. Os expertos otorgaron á añada deste ano a cualificación de “excelente”, un recoñecemento que non se alcanzaba dende a cosecha de 2016.

Segundo informaron os participantes, os viños brancos destacaron pola súa “diversidade e complexidade”, mantendo un estilo identitario onde cada mostra exhibiu diferentes matices dentro dos perfís florais, vexetais e froiteiros propios da variedade Godello. No caso dos tintos, os expertos resaltaron a súa “maduración óptima”, con notas predominantes de froita e especias que definen a calidade da presente colleita.

Para realizar esta valoración, unha selección representativa de viños da denominación foi sometida ao xuízo do panel, a través dunha cata a cegas que garantiu a obxectividade do proceso ao tratar as mostras de forma anónima. A nota final resultou da media das puntuacións outorgadas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo tanto referencias de viños brancos como tintos, que posteriormente se traduciron nunha táboa de correspondencias para obter a cualificación oficial da cosecha.

O panel de cata estivo composto por varios expertos recoñecidos no campo vitivinícola, como María Patricia Presas, da Asociación de Enólogos de Galicia, Carlos Santos, sumiller de Makro Galicia, e Javier Facal do Grupo A Mundiña, entre outros. Esta selección de expertos garantiu unha avaliación exhaustiva e profesional das mostras presentadas.

A Denominación de Orixe Monterrei, unha das cinco denominacións vitivinícolas de Galicia, inclúe os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val, e conta con 29 bodegas e 375 viticultores que traballan un total de 720 hectáreas de viñedo. A excelente cualificación da cosecha 2023 non só reafirma a calidade dos viños de Monterrei, senón que tamén promove a reputación desta rexión como produtora de viños distintivos e de alta calidade en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información