Coren prevé comercializar este Nadal 14.000 capóns

Coren prevé comercializar este Nadal 14.000 capóns

A cooperativa galega Coren prevé comercializar este Nadal uns 14.000 capóns e 5.000 Pulardas do Convento, ofrecendo en total máis de 30 referencias de alimentación especiais para os menús do Nadal.

Segundo destaca a cooperativa ourensá, “o capón é un dos nosos produtos máis destacados da nosa variedade de Nadal, son de raza campeira e están criados de modo tradicional con saída a espazos arborados, conseguindo así unha carne fina e saborosa”.

Xunto a iso, o produto estrela de Coren para o Nadal é a Pularda do Convento, “criada como cada ano polas monxas do Mosteiro de Santa Clara de Allariz, de forma tradicional e con alimentación totalmente natural, que dá lugar a unha carne zumenta e exquisita, que a converten nunha delicia gastronómica”, segundo destacan desde a cooperativa.

A oferta do Nadal de Coren complétase con produtos como os recheos “Etiqueta Negra”, que ofrece carnes -capón, pularda, polo de Curral ou paviña- con recheos de produtos como foie, noces de Macadamia, castañas galegas, boletus ou cebola caramelizada. Rotis, Polo recheo de Boletus e mazá, ou os zancos de Pito de Curral recheos son outras das especialidades da cooperativa para esta época, incluíndo presentacións xa asadas, que requiren soamente quentar.

Para esta campaña de Nadal o grupo Coren contratou a 200 persoas co fin de atender as necesidades de produción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información