Coren prevé adquirir este ano 4,5 millóns de quilos de castañas para a súa gama “Selecta”

Coren prevé adquirir este ano 4,5 millóns de quilos de castañas para a súa gama “Selecta”

Cochos de Coren da súa gama Selecta

Co obxectivo de dispoñer de castaña en cantidades suficientes para as necesidades da súa gama Selecta de porco alimentado con castañas, o Grupo Coren está a promover a recollida deste froito en Galicia durante a presente tempada.

Así, e en consonancia co crecemento que está a experimentar a gama Selecta, Coren elevará as súas previsións de adquisición de castaña na actual campaña, partida que se destinará á alimentación dos porcos durante o próximo ano.

En concreto, se para este ano 2017 a cooperativa adquiriu máis de tres millóns de quilos destinados á alimentación dos porcos Selecta, “o obxectivo para 2018 sitúase en máis de 4,5 millóns de quilos de castaña, o que representa unha achega económica ao campo galego estimada en máis de sete millóns de euros”, segundo a cooperativa ourensá.

Para a alimentación dos porcos Selecta, Coren adquire a castaña en tempada. Logo, pasa por un proceso de pelado e cocción (para evitar o amargor da casca e facilitar a súa dixestibilidade), e posterior conxelado, o que permite a súa conservación co fin de ter dispoñibilidade para a alimentación dos porcos durante todo o ano, mantendo intactas as súas propiedades nutricionais.

Ademais, ante as boas perspectivas de crecemento da carne da Gama Selecta no mercado, Coren prevé que o volume de castaña adquirida en Galicia para a alimentación dos porcos continúe medrando durante os próximos anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información