Coren, Entrepinares e Lactalis, principais beneficiadas das axudas a industrias agroalimentarias

Medio Rural vén de publicar o listado de apoios a investimentos na transformación de produtos agrarios

Coren, Entrepinares e Lactalis, principais beneficiadas das axudas a industrias agroalimentarias

Instalacións do Grupo Coren. / Arquivo.

Un total de 65 proxectos beneficiaranse no periodo 2024-2026 das axudas para investimentos na industria agroalimentaria que vén de resolver a Consellería de Medio Rural. Os máis importantes corresponden ó Grupo Coren, que recibirá 7,9 millóns de euros, a Entrepinares (2,3 millóns de euros) e a Lactalis (1,1 millóns de euros). Coren e Entrepinares xa foran no 2023 as industrias máis apoiadas para investimentos.

Os principais apoios, en número e cartos, diríxense ás industrias lácteas e da carne. Son tamén de destacar, pola súa contía, os apoios dirixidos a outras firmas agroalimentarias, como Aceites Abril (900.000 euros), Coesco Deza (713.000), unha empresa especializada en catering, ou Casa Quiroga Hortofrutícola (651.000), especializada na castaña e na distribución de hortas e froitas.

En adegas vitivinícolas, apóianse un total de 8 proxectos, pero a maioría de pequena dimensión, cun axudas menores a 50.000 euros en tódolos casos.

No ámbito das forraxes e cooperativas gandeiras, beneficiaranse das axudas 7 proxecctos. A principal iniciativa corresponde a Piensos Albores (427.000 euros) e tamén se subvencionan proxectos de Cusoviame, Forxabar, Xallas, Clun e Agrosoneira.

Pódese consultar a lista completa de proxectos apoiados neste enlace do DOG. En total, son 62 proxectos ós que se destinaron 23 millóns de euros en axudas, para un investimento total previsto de 73 millóns de euros.

Detallamos a continuación as principais axudas concedidas.

Principais apoios a investimentos de industrias lácteas

  • Entrepinares: 2,3 millóns de euros
  • Lactalis: 1.170.000 euros (950.000 para Puleva, en Lugo, e 220.000 para a planta de Vilalba).
  • Celega: 856.000
  • Leche Celta: 703.000 euros
  • Inleit, 596.000
  • Capsa: 444.000
  • Queizuar (Bama, Touro): 340.000
  • Dairylac (Galacteum): 195.000
  • Queserías Sarrianas: 185.000
  • Innolact, 111.000

Principais apoios á industria cárnica

  • Coren: 7,9 millóns de euros (7 millóns para un proxecto de Coren, 473.000 para Novafrigsa -Lugo- e 474.000 para Frigolouro, no Porriño).
  • Avícola de Galicia, Avigal (Pontevedra): 1,1 millón de euros.
  • Caponcito SL (Vilalba): 489.000
  • Grupo Sada: 380.000
  • Frigoríficos Bandeira: 151.000 euros.
  • Cogal (Rodeiro): 141.000
  • Avipor (Silleda): 120.000

Outros apoios destacados á industria alimentaria

  • Aceites Abril: 900.000
  • Coesco Deza: 713.000
  • Casa Quiroga Hortofrutícola (Ourense): 651.000
  • Castañas Rafael (O Barco, Ourense): 344.000 euros
  • Granja Campomayor: 320.000

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información