Coren e a Universidade de Kioto únense para desenvolver novos produtos a partir do ovo

Coren e a Universidade de Kioto únense para desenvolver novos produtos a partir do ovo

O presidente de Coren, Manuel Gómez Franqueira, e Hajime Hatta

Dentro da aposta do Grupo Coren polo I+D+i, o presidente da cooperativa galega, Manuel Gómez-Franqueira, acaba de asinar un acordo de colaboración co científico xaponés Hajime Hatta, catedrático da Universidade de Kyoto e experto en investigación sobre o ovo, para impulsar o desenvolvemento de novos produtos nesta área.

Hajime Hatta é un referente internacional na investigación sobre o ovo e as súas aplicacións tanto nutritivas como farmacéuticas. É actualmente responsable do departamento de alimentos e nutrición da citada Universidade e conta cunha dilatada experiencia en investigación sobre o ovo que iniciou desde a súa gradación como biólogo na Universidade de Osaka, hai xa 35 anos. Tamén conta cun amplo coñecemento da industria do ovo á que dedicou 18 anos como responsable de desenvolvemento de produtos na empresa xaponesa Taiyo Kagaku Co.LTD.

As competencias do científico xaponés en relación ao potencial do ovo abarcan tamén o campo farmacéutico, no que desenvolveu produtos tanto para uso humano como veterinario.

Doutra banda, o profesor Hajime Hatta foi durante os 10 últimos anos presidente do Foro Anual da Ciencia do Ovo en Xapón, ao que acoden tanto investigadores de referencia como os principais representantes da industria do ovo.

Os xaponeses son, por detrás de México, os segundos consumidores mundiais de ovos cun consumo anual de 330 ovos. En Europa, Francia sitúase como o maior consumidor europeo con 248 ovos per cápita ao ano, mentres España atópase nun consumo per cápita de 138 ovos anuais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información