Coren compra 4,7 millóns de quilos de castaña galega para a súa gama de porco Selecta

Coren compra 4,7 millóns de quilos de castaña galega para a súa gama de porco Selecta

Jesus Quintá, xerente de Alibós, e Manuel Gómez-Franqueira Álvarez, presidente de Grupo Coren

O Grupo Coren renovou o convenio de adquisición de castaña galega para destinar á alimentación dos porcos da súa gama Selecta ao longo do presente ano. Un acordo de compra que foi ratificado por Manuel Gómez-Franqueira Álvarez, presidente do grupo Coren, e Jesús Quintá, xerente de Alibós, a maior empresa recolectora e transformadora de castaña de Galicia. Na firma tamén estiveron presentes Manuel Gómez- Franqueira Otero, conselleiro de Coren, e Natalio Rodríguez, director de Frigolouro.

O convenio de compra de castaña para 2021 sitúase en 4.720.000 quilos -unha cantidade similar á adquirida o pasado ano-, que, segundo a cooperativa ourensá, supoñen unha achega económica ao campo galego de 7.080.000 euros.

A cooperativa adquire a castaña cada ano en tempada, que logo pasa por un proceso de pelado, cocción e posterior conxelado, que permite a súa conservación para a alimentación dos porcos durante todo o ano. Nesta campaña, a colleita de castaña minguou pola incidencia da praga da avispilla, que reduciu a cantidade de froito dispoñible, e o mercado viuse afectado pola caída da demanda en fresco ante a crise do coronavirus.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información