A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Corbar, a mellor maquinaria para estender e pisar o silo de millo

A empresa galega ofrece apeiros de fabricación propia que garanten unha mellor conservación e calidade da forraxe. Dentro da gama para silo hai unha ampla variedade de cuchillas e compactadoras que se adaptan a calquera tipo de tractor e tamaño de explotación

Tractor con cuchilla e compactadora fabricada por Corbar traballando no silo

Tractor estendendo e pisando un silo de millo nunha gandería con cuchilla e compactadora fabricadas por Corbar 

As explotacións leiteiras galegas atópanse xa inmersas en plena campaña de ensilado do millo. Lograr un reparto uniforme da forraxe e unha boa compactación é clave para que o silo se conserve en bo estado e chegue despois á ración do gando coa máxima calidade.

Para facilitar estes traballos, Corbar Maquinaria ofrece unha ampla gama de estendedores e compactadores para o silo, que permiten realizar estas tarefas de xeito rápido e doado, gañando tempo e aforrando diñeiro.

“Un dos problemas máis habituais en moitas explotacións é que non contan con apeiros específicos para este tipo de traballos e iso fai que a persoa que está pisando no silo non dá abasto, polo que ou ben se retrasa a labor da colleitadora e dos remolques de transporte, co custo económico que isto supón, ou ben o silo non queda ben estendido e compactado”, explica José Antonio Rodríguez López, un dos tres socios da empresa xunto a Víctor Armesto Rodríguez e Juan Carlos Rodríguez López.

A alimentación do gando é unha tarefa que non admite erros e o ensilado e movemento de forraxes é unha parte esencial dese proceso

A empresa galega, con instalacións no polígono industrial O Morelle de Sarria (Lugo), especializouse nos últimos anos en ofrecer solucións de maquinaria deseñadas especificamente para o movemento de forraxes, tanto á hora da ensilaxe como no momento do seu consumo (pinchos e pinzas, desensiladoras de bolas, cortadoras para silos de trincheira, etc). 

Á hora de confeccionar o silo, Corbar dispón de estendedores cilíndricos para silo de herba, cuchillas con ou sen laterais abatibles para millo e rodillos compactadores, con diferentes modelos que se adaptan a todo tipo de tractores.

“Dispoñemos de dous modelos de cuchilla para millo, o modelo Meira, de maior tamaño, dotado con dous cilindros hidráulicos e que pode plegarse para o transporte, e o modelo Coristanco, máis compacto e de menores dimensións”, explica Jose.

En función das necesidades de cada explotación, Corbar dispón de distintos modelos de cuchillas, estendedores de silo e rodillos compactadores

Pola súa banda, o estendedor de silo Vimianzo fabrícase con medidas 80/240 na opción máis pequena e 100/240 na máis grande e é un equipo versátil que pode operar tanto na parte dianteira como traseira do tractor. Está equipado con bombo galvanizado e chasis fabricado con chapa de aceiro plegada e permite distribuir en capas uniformes a herba picada no silo. 

Conservación óptima da forraxe

Un complemento ideal tanto para os estendedores de herba como para as cuchillas do millo é o rodillo compactador modelo Ordes de Corbar. “A demanda de máquinas compactadoras de silo está aumentando moito, xa que permiten un prensado perfecto do millo ou da herba na pila, sen bolsas de aire que prexudiquen a conservación da forraxe no silo”, indica Jose. 

Un dos principais beneficios do uso do compactador é a creación dun ambiente anaeróbico no interior do silo, o que evita a proliferación de microorganismos non desexados e de fermentacións inapropiadas. Ao eliminar o osíxeno, presérvanse os nutrientes e mantense a calidade da forraxe durante o seu almacenamento.

Moitas ganderías medraron nos últimos anos no número de cabezas pero non o fixeron da mesma maneira no tamaño dos silos, polo que reducir o volume do material ensilado resulta fundamental

A maiores, os compactadores de silo permiten reducir significativamente o volume da forraxe, o que se traduce nun mellor aproveitamento do espazo de almacenamento. Isto é especialmente valioso para aquelas explotacións que contan con áreas limitadas para a almacenaxe, por teren aumentado ao número de cabezas e non teren aumentado do mesmo xeito o tamaño dos silos dispoñibles. 

Robustos e duradeiros

Estes apeiros, de deseño e fabricación propia, están pensados para maximizar a eficiencia no manexo de forraxes, o que se traduce en aforro de tempo e de custos. “Son máquinas que se adaptan ás distintas necesidades das explotacións en función do seu tamaño e a cantidade de forraxe que manexe”, destaca.

Os apeiros fabricados por Corbar permiten estender a forraxe no silo sen machacala

A maquinaria de Corbar conta cun deseño robusto que garante unha longa vida útil e un rendemento constante capaz de resistir as demandas de traballo diario que se dan durante as campañas de ensilado, pois as cuchillas, estendedores e compactadores son confeccionados con materiais duradeiros (como aceiro, tubo estrutural e chapa antidesgaste Hardox) para un uso esixente por parte de gandeiros ou empresas de servizos agrarios.

Contacto:

CORBAR MAQUINARIA AGRICOLA S.L.
Polígono Ind. O Morelle Nave 4 · 27614 · Sarria · Lugo
Telf: 982 53 14 63
E-mail: corbar@corbarsll.com
Web: www.corbarsll.com

Arados Lemken e roletes Llorente: óptima preparación das terras para sementar as pradeiras

Arado de vertedeira da marca Lemken, distribuido por Corbar

Arado de vertedeira da marca Lemken, distribuído por Corbar

Trala campaña de ensilado do millo comeza o proceso de sementeira das pradeiras, uns traballos para os que Corbar aporta solucións específicas grazas á distribución das marcas Lemken e Llorente.

O fabricante alemán de abonadoras, arados, gradas e sementadoras Lemken aporta a súa experiencia no campo da preparación do solo e a sementeira, ofrecendo tecnoloxía agrícola innovadora para unha agricultura de alto rendemento. Os arados e gradas Lemken permiten enterrar de maneira eficiente os cañotos do millo e incorporar o xurro e esterco á terra. 

Lemken é un fabricante líder de maquinaria agrícola, con case 250 anos de historia e 33 filiais en todo o mundo

Pola súa banda, os roletes Llorente son o complemento perfecto para lograr unha compactación óptima do chan. A empresa burgalesa, líder no mercado español, garante coas súas máquinas unha superficie final uniforme idónea para a xerminación das sementes e para unha ensilaxe posterior da herba sen terra e outros residuos.

Corbar dispón nas súas instalacións de Sarria dunha amplo stock de roletes da marca Llorente

Corbar dispón nas súas instalacións de Sarria dun amplo stock de roletes da marca Llorente

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *