A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Corbar, 20 anos ao servizo dos gandeiros

A empresa deseña e fabrica maquinaria específica para granxas de vacún de leite e de carne, así como para avicultura. Á garantía de fabricación propia engádese o seu servizo de recambios, que fai gardas durante as campañas de sementeira e ensilado para dar cobertura 24 horas aos clientes

Victor, Carlos e José, os tres socios de Corbar.

Victor, Carlos e José, os tres socios de Corbar.

Corbar Maquinaria cumpre 20 anos traballando ao servizo das explotacións gandeiras, fabricando apeiros funcionais e duradeiros que resolven as necesidades das granxas e fan máis doado e levadeiro o traballo dos gandeiros no seu día a día.

Fieis ao seu lema de Innovación, Compromiso e Garantía, a empresa ubicada no polígono industrial O Morelle de Sarria (Lugo) está especializada en aportar solucións tecnolóxicas a ganderías de vacún de leite e de carne e conta tamén con maquinaria específica para o sector avícola e forestal.

Corbar, con instalacións no polígono industrial O Morelle de Sarria (Lugo), fabrica maquinaria agrícola de vangarda para facilitar a agricultores e gandeiros o seu labor diario

Víctor Armesto Rodríguez, Juan Carlos Rodríguez López e José Antonio Rodríguez López crearon Corbar Maquinaria no ano 2004. Á experiencia dos tres socios fundadores (Víctor e Jose traballaban xa con anterioridade nunha empresa do sector que pechou), súmase hoxe un cadro de persoal formado neste momento por 21 persoas.

Recambios agrícolas

Na sección de recambios traballan 4 persoas e fan gardas 24 horas nas campañas agrícolas

Na sección de recambios traballan 4 persoas e fan gardas 24 horas nas campañas agrícolas

“Nacemos no 2004 e no 2016 trasladamos as nosas instalacións de fabricación á actual ubicación, onde tamén montamos unha tenda de recambios agrícolas co obxectivo de prestar un mellor servizo aos nosos clientes”, explica Jose.

Catro persoas traballan na parte de recambios e durante as principais campañas agrícolas (sementeira e ensilado do millo e da herba) túrnanse facendo gardas, para que en caso de sufrir algunha avaría as máquinas estean paradas o menor tempo posible.

Deseño e fabricación propia

Corbar dispón de oficina técnica propia onde deseña a maquinaria que fabrica

Corbar dispón de oficina técnica propia onde deseña a maquinaria que fabrica

Algo que distingue a Corbar, ademáis do seu servizo post-venta, é a garantía que supón deseñar e fabricar as súas propias máquinas. “Somos capaces de completar todo o proceso de deseño, fabricación e venda. Deseñamos nós todas as nosas máquinas, para o que contamos con oficina técnica propia. Despois fabricámolas con materiais resistentes e duradeiros e a nivel de comercialización traballamos moito directamente con cliente final”, detalla.

Corbar fabrica máis de 40 produtos que son comercializados en toda España, Portugal e Francia

No catálogo de Corbar hai máis de 40 produtos que comercializan en toda España, Portugal e Francia. A maior parte son solucións para explotacións de vacún de leite, como encamadoras para cubículos, gradillas de púas e de discos para acondicionar as camas do gando, arrimadores da ración para o tractor, cepillos barredores, estendedores de silo, cuchillas para o millo, compactadores (a súa venda está aumentando moito) e unha ampla gama de batidores de xurro (centrífugos, hidráulicos e convencionais).

Están especializados en ganderías de vacún de leite e de carne, pero dispoñen tamén de cortadores de leña, apañadoras de patacas ou encamadoras e niveladoras avícolas

Para ás explotacións de vacún de carne, ofrecen de pinchos e pinzas, desensiladoras de bolas e cortasilos. Dispoñen ademais doutros produtos, como apañadoras de patacas, esteladoras verticais para facer leña ou encamadoras e niveladoras avícolas para acondicionar a cama en granxas de polos, galiñas ou pavos.

Solucións personalizadas

SARRIA Corbar maquinaria fabricacion propiaA asistencia a feiras de maquinaria, tanto nacionais como a nivel internacional, permítelles adiantarse ás demandas do mercado e facilitar a incorporación de avances técnicos á maquinaria que fabrican.

En función da granxa, temos unha solución adaptada ás súas necesidades concretas

“Adaptamos as nosas máquinas aos requerimentos de hoxe e, en función do tipo de granxa, temos unha solución adaptada ás súas necesidades”, destaca Jose. Teñen tamén a posibilidade de fabricar a medida, segundo as especificidades dos seus clientes.

Distribución de marcas punteiras

Cargadoras MB nas instalacións de Corbar en Sarria

Cargadoras MB nas instalacións de Corbar en Sarria

Ademais de fabricantes, Corbar distribúe marcas punteiras como Lemken, líder alemán en laboreo e preparación do solo, que dispón de arados, gradas, sementadoras e abonadoras; os rodillos Llorente; a gama de trituradoras agrícolas e forestais Serrat; e as paliadoras e cargadoras MB e Eurotrac, que abarcan desde 20 a 75 CV (de 600 a 2.500 kg).

Os arados, gradas, sementadoras e abonadoras Lemken, os rodillos Llorente, as trituradoras Serrat e as cargadoras MB e Eurotrac son marcas líderes no mercado

Cada unha destas marcas representa, do mesmo xeito que Corbar, a excelencia na industria de fabricación de maquinaria agrícola e supón “un reflexo do noso compromiso por brindar aos nosos clientes opcións de calidade e da máxima fiabilidade que faciliten a realización das diferentes tarefas”, asegura Jose.

“O noso obxectivo sempre é dar bo servizo tanto a través dos nosos produtos de fabricación propia como con aqueles que traballamos mediante acordos de distribución, para deste xeito tratar de abarcar todo o que é necesario no día a día dunha granxa”, conclúe.

Novos proxectos: un arrimador con cepillo barredor

A innovación constante é un dos sinais de identidade de Corbar, que encara o futuro con novos proxectos, como a fabricación dun arrimador para a ración totalmente autónomo e que incorpora un cepillo barredor, de maneira que ademais de achegar a comida no pesebre é capaz de limpar e retirar os restos que quedan.

“Sempre contamos coa nosa experiencia e a dos nosos clientes á hora de desenvolver máquinas novas, tratando de adaptarnos ás necesidades das granxas e á súa constante evolución”, asegura Jose.

Tratamos de adaptarnos ás necesidades das granxas e á súa evolución constante

Esta nova máquina, xa patentada, será única no mercado polas súas funcionalidades. De fabricación íntegra na planta de Sarria, neste momento estanse a rematar os últimos prototipos e ultimando o desenvolvemento do software necesario. A súa produción comezará nos vindeiros meses, coa intención de que as primeiras unidades poidan estar dispoñibles de cara a 2025 para a súa saída ao mercado.

Contacto:

CORBAR MAQUINARIA AGRICOLA S.L.
Polígono Ind. O Morelle Nave 4 · 27614 · Sarria · Lugo
Telf: 982 53 14 63
E-mail: corbar@corbarsll.com
Web: www.corbarsll.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *