As cooperativas galegas ofrecen formación online gratuíta para traballar no sector de vacún de leite

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) pon en marcha o programa formativo “Incorporación á produción de leite de vacún e consolidación das cooperativas lácteas”.

A formación diríxese a persoas en situación de desemprego, sen coñecementos previos en produción de leite de vacún, co fin de capacitalas para crear o seu propio posto de traballo no sector e que se incorporen como socias a cooperativas, facilitando así a comercialización dos seus produtos e reforzando o tecido empresarial cooperativo. A formación conta coa homologación da Consellería do Medio Rural.

Temario:

Módulo 1.- A empresa agraria (30 horas).
– Módulo 2.- Xestión técnico-económica da empresa agraria (30 horas).
– Módulo 3.- Asociacionismo, comercialización e trazabilidade (30 horas).
– Módulo 4.- Relacións laborais e prevención de risgos laborais (30 horas).
– Módulo 5.- Sensibilización medioambiental (30 horas).
– Módulo 6.- Agrotecnoloxía (30 horas).
– Módulo 7.- Produción de forraxes e alimentación do gando (40 horas).
– Módulo 8.- Produción de leite e manexo do gando (30 horas).

Quen complete con éxito esa formación avanzará a un curso de Aplicador/Manipulador de produtos fitosanitarios, de 25 horas, para a obtención do carné necesario para traballar con estes produtos. O temario vén regulado polo Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro.

A primera convocatoria deste curso celebrarase do 13 de setembro al 1 de decembro de 2021. As clases terán lugar a través de Internet, no modelo de aula virtual.

As persoas que desexen matricularse á formación deben completar este formulario ata o 26 de agosto.

A iniciativa forma parte do proxecto Formación para a consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), e que inclúe outros programas formativos, un orientado á incorporación ao sector hortícola e outro de apoio á función xerencial nas cooperativas agroalimentarias.

Conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mejora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial das mesmas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información