As cooperativas Agrocantabria e CAR de Castela e León asinan un acordo de cooperación

As cooperativas Agrocantabria e CAR de Castela e León asinan un acordo de cooperación

A cooperativa cántabra Agrocantabria AGC, socia de DELAGRO, e a súa homóloga Cooperativa Agraria Regional (CAR) de Castela e León, asinaron este venres un acordo intercooperativo de colaboración para aproveitar as sinerxías entre ambas.

O acordo, que se asinou en presenza das directivas de ambas as entidades, así como da cooperativa de segundo grao Delagro, e de representantes institucionais do Goberno de Cantabria, contempla como punto principal que CAR poderá utilizar a moderna fábrica de pensos de Agrocantabria para elaborar as mesturas -inicialmente unhas 800 toneladas mensuais- para os seus gandeiros socios, aforrado así á cooperativa palentina a contrucción da súa propia planta de pensos.

Outro punto destacado do acordo é que Agrocantabria empregará para elaborar os seus pensos os cereais producidos polos socios de CAR, sobre todo cebada e trigo, sempre que as condicións de calidade e prezo sexan as de mercado.

Ademais, o acordo intercooperativo tamén contempla que Agrocantabria poderá utilizar a deshidradora de forraxes de CAR -sobre todo alfalfa- para elaborar forraxes á carta.

Por último, ábrese un importante mercado potencial para DELAGRO, ao ter os centos de agricultores socios de CAR a posibilidade de utilizar os abonos á carta PROFER, elaborados por DELAGRO na súa planta das Pontes (A Coruña).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información