A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A cooperativa Delagro reúne a 50 profesionais nunha xornada sobre cultivo de forraxes na cornixa cantábrica

O pasado xoves, 7 de febreiro, a cooperativa Delagro convocou en Los Tanagos (Cantabria) a técnicos de nutrición animal e produción vexetal a unha Xornada Técnica sobre forraxes na Cornixa Cantábrica. Cun aforamento limitado, a xornada congregou a uns 50 profesionais, principalmente do sector lácteo e cárnico do norte de España.

O cultivo de forraxes foi e segue sendo un estilo de vida para os nosos gandeiros e un valor cada vez máis apreciado polos consumidores de lácteos e carne. A tradición gandeira e o cultivo de forraxes na cornixa cantábrica creou unha paisaxe única para preservar.

Neste sentido, a xornada deu participación a sete relatores que trataron nunha visión transversal distintas perspectivas das forraxes. Así, Gustavo García, de Limagrain, abordou o correcto manexo e inclusión nas dietas de vacún leiteiro do ensilado do millo e outros aspectos prácticos. Por parte de Mas Seeds, Henrique Teixeira, falou dos retos do cambio climático no cultivo do millo nunha contorna tan dependente da pluviometría como é a cornixa cantábrica. José Antonio Manzano, de Trow Nutrition, tocou o tema da calidade microbiolóxica dos ensilados e dos principais patóxenos que se están atopando no norte da península.

A xornada continuou con aspectos de nutrición vexetal da man de Yara, con Luís Angel López, coa orientación da fertilización para conseguir determinados perfís nutricionais nas forraxes.

Delagro non quixo pasar por alto a importancia que ten o solo e a pouca visibilidade que adoita ter o bioma do chan e a súa relación cos cultivos. No bloque de aspectos relacionados co solo Agustín Murillo, de Alltech, destacou a importancia da biotecnoloxía en aspectos edafolóxicos, así como Alexia Stellfeldt, de Ideagro, explicou como afectan os microorganismos do chan e a súa repercusión no rendemento forraxeiro.

Para pechar a xornada tivo participación David Martín, de Efecto Soluciones, para explicar o uso e as experiencias na cornixa cantábrica cunha nova especie forraxeira como alternativa para a alimentación do gando de carne e leite, o Pasto Siambasa. Gustavo Espinosa, de Delagro, fixo as presentacións e agradeceu a todos os asistentes e relatores a presenza nunha edición técnica que tivo unha boa acollida polo sector e que seguramente se repita en próximos anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *