DELAGRO S. Coop., cooperativa de segundo grao con presenza en toda Galicia e a Cornixa Cantábrica, anunciou o lanzamento de MEPA, o seu novo produto de hixiene para sistemas de muxido robotizado, desenvolvido en colaboración con Ecolab, referente mundial en solucións agroquímicas.
Paco Ansede, responsable de Hixiene do Muxido de DELAGRO, resalta a importancia desta innovación: “A robotización nas granxas xa non é unha tendencia senón unha realidade que está a transformar a industria gandeira. A chegada de MEPA ao mercado permitirá asegurar unha correcta hixiene do vacún leiteiro nas granxas robotizadas“, explica.
Os sistemas de muxido robotizado convertéronse en ferramentas clave para mellorar a eficiencia e produtividade das explotacións gandeiras. A automatización permite reducir os tempos de traballo e mellorar a consistencia do muxido. Porén, esta evolución tamén expón novos retos, como garantir unha correcta hixiene dos animais.
O poder desinfectante de MEPA, en forma de ácido láctico, xunto coas propiedades limpadoras e de coidado da pel do produto, proporcionan unha excelente limpeza dos ubres. Ademais, MEPA é compatible cos robots das principais marcas do mercado, entre elas Lely.
Ansede subliña: “MEPA é o resultado dun traballo conxunto con Ecolab, unha empresa con gran experiencia no desenvolvemento de solucións agroquímicas. Grazas a esta colaboración, deseñamos un produto que non só responde ás demandas do sector gandeiro actual, senón que tamén se anticipa ás necesidades futuras das granxas máis avanzadas tecnoloxicamente. En DELAGRO, o noso compromiso coa innovación é esencial para seguir ofrecendo solucións que melloren a eficiencia dos nosos socios e clientes”.
MEPA, que xa está dispoñible en todos os puntos de distribución de DELAGRO, preséntase en formatos que van desde o 20 Kg até o 1.000 Kg, permitindo a súa adaptación tanto a pequenas granxas familiares como a grandes explotacións industriais.
Como parte do seu lanzamento, deseñouse tamén unha oferta especial que facilitará o acceso aos gandeiros a esta nova innovación en hixiene de muxido.