Cobideza celebrou este sábado pola mañá na sede de Cercio a asemblea xeral extraordinaria na que se realizou o balance de xestión do ano 2020 e tamén de parte do 2021, destacando unha tendencia ao aumento do volume da facturación e con resultados positivos no exercicio. As contas votáronse de maneira secreta e saíron aprobadas por unanimidade dos presentes.
A pesar de que o ano 2020 foi de especial dificultade pola pandemia, o balance xeral foi positivo nas diferentes seccións da cooperativa. A facturación total ascendeu a 23.312.118,56 de euros cun balance de beneficio contable de 110.492,16 euros.
Na orde do día tamén se votou a nova xunta directiva. É una xunta directiva continuísta presidida novamente por Román Santalla de Agrasilva SC á que se incorpora presenza de Forcarei a través da Gandaría de la Fuente. A Directiva estará no cargo por un período de 3 anos. Foi elixida en votación secreta cun resultado de unanimidade a favor da mesma, polo tanto se votos en contra nin abstencións. A Xunta quedou conformada por. Román Santalla na presidencia, María José Lamas na vicepresidencia, Manuel Miguélez de secretario, María Fé Rodríguez de Tesoureira, e vocalías para Luís Cejo, Raquel Barreiro, Inés Otero, Lourdes Saa e Ramón Abonjo.
Próximos investimentos da cooperativa
Entre os obxectivos da nova directiva atópanse cuestións relacionadas coa mellora da planificación estratéxica e a dotación de novas infraestruturas, coa proposta de activar a curto prazo a finca comprada recentemente a Excavaciones Vilariño en Cercio, que será dedicada a almacén de maquinaria e forraxe. Tamén se levarán a cabo reformas no almacén central de Cercio onde se creará un supermercado rural e se destinará outra parte a produtos de gandaría e medio rural.
Outro dos investimentos que se levará a cabo será a reforma da gasolineira de Cercio, proxecto que se atopa xa en trámites administrativos. Así mesmo afrontarase tamén unha reforma na tenda almacén situada no polígono de Vila de Cruces.
Con respecto á queixería, os resultados do ano pasado evolucionaron en termos positivos, sendo a produción ecolóxica a que mais aumenta, cunha dotación de persoal e infraestrutura moi importante na que traballan 10 persoas, a grade maioría mulleres. O proxecto para este novo período pasa por unha aposta decidida a prol da modernización e da tecnificación para o que buscarán vías de colaboración a través da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia.
Contrato con Reny Picot para subsministralle 55 millóns de litros de leite
Na asamblea presentouse o novo contrato lácteo que vai de 1 de outubro de 2021 a 30 de setembro de 2022 con posibilidade de prorrogalo. É un contrato con Reny Picot por 55 millóns de litros anuais repartidos en mensualidades que e foi apoiado en votación secreta pola unanimidade asamblearia.
Por rematar, tamén se falou da nova PAC, do Real Decreto de Ordenación de Explotacións de vacún e sobre o Real Decreto de Fertilización e Xurros.
O presidente, Román Santalla destacou que “Cobideza sigue mantendo a tendencia económica alcista e consolidase como a primeira cooperativa da zona e a terceira do seus ámbito en Galicia en canto a facturación e socios”. Como explicou “as seccións económicas mais importantes está na parte de servizos e tamén destaca o incremento da venda do queixo ecolóxico e a apertura de novos espazos comerciais”. Santalla subliñou que ao longo dos anos a fortaleza de Cobideza baséase na “forte aposta polos bos servizos aos socios a moi bos prezos, en especial técnicos e de maquinaria, pola proximidade, pola diversificación e pola aposta firma non só por dar servizos aos socios senón a todo o medio rural para mantelo vivo e dinámico”. .