A cooperativa Campoastur presentou este xoves Campobio, a súa propia marca de leite ecolóxico que acaba de lanzar ao mercado.
É un leite que procede unicamente da produción dos socios cooperativistas de Campoastur. Trátase, por tanto, dunha gama de produtos lácteos 100% ecolóxicos e de orixe exclusivamente asturiana, que xa conta coas certificacións de produto ecolóxico e de Alimentos del Paraíso Natural.
Campobio está dispoñible en tres variedades certificadas: enteiro, semidesnatado e desnatado.
Sobre Campoastur
Campoastur é unha cooperativa agraria, con servizos integrais no medio rural, que nace da fusión de varias cooperativas do Principado de Asturias, e que integra a 7.000 socios cooperativistas e unha rede de 18 delegacións.