A cooperativa Campoastur facturou en 2024 un total 89,7 millóns de euros e mellorou os seus beneficios

A cooperativa aproba as contas de 2024, renova o seu Consello Reitor e presenta un plan de actividades centrado na innovación, o territorio e as persoas

13.06.25 Asamblea General de Socios Delegados de Campoastur. Fotografía: Julián Rus

13.06.25 Asamblea General de Socios Delegados de Campoastur. Fotografía: Julián Rus

Campoastur celebrou a súa Asemblea Xeral de Socios Delegados, na que se aprobaron as contas do exercicio 2024, renováronse varios cargos do Consello Reitor e compartíronse as principais liñas de actuación para o exercicio 2025. Con máis de 7.500 persoas socias e unha rede en constante crecemento, a cooperativa reafirma o seu compromiso cun modelo que combina sustentabilidade, desenvolvemento económico e arraigamento no medio rural asturiano.

Durante a súa intervención, o presidente de Campoastur, Carlos García, subliñou o valor da base social no camiño percorrido ata o de agora: “Esta cooperativa non sería nada sen a súa xente. Cada socia e cada socio sostén este proxecto co seu traballo diario, a súa confianza e o seu compromiso. O futuro que estamos a construír non se entende sen raíces, sen vocación transformadora e sen orgullo de pertenza.”

Resultados 2024: unha base sólida para seguir avanzando

A cooperativa pechou o exercicio cunha cifra de negocio de 89,7 millóns de euros, un crecemento do EBITDA do 22,71 %, un fondo de manobra de 4,3 millóns de euros (+571.831 € respecto a 2023) e un patrimonio neto de 12,3 millóns de euros (+1,03 millóns €). As contas, auditadas con informe favorable e sen condicións, foron aprobadas pola Asemblea.

Campoastur reforza o seu papel institucional desde a presidencia do COPAE, a DOP Sidra de Asturias e en Delagro, órganos desde os que traballa para representar os intereses do campo asturiano e do cooperativismo agroalimentario.

A cooperativa manterá a proxección do seu modelo tras recibir o Premio Nacional ao Desenvolvemento Rural en 2024. En 2025 continuará apostando pola liña de lácteos ecolóxicos Campobio, na que destaca o seu queixo azul, recentemente recoñecido como o mellor queixo azul de no Salón Gourmet en Madrid, así como a súa presenza en mercados e feiras especializadas.

Compra de Almacenes Ladislao e bolsas para fillos e fillas de socios

Entre as iniciativas máis relevantes do próximo exercicio destaca a incorporación de Almacenes Ladislao, o que significa dúas novas tendas en Xixón e Avilés, que amplían a rede comercial e permiten abrir novas liñas de negocio, como a venda de remolques e a distribución de Husqvarna Tamén consolidará a pomarada de Somao, con máis de 7.000 maceiras plantadas en 15 hectáreas, como exemplo de proxecto con visión de longo prazo.

Ademais, Campoastur despregará integramente o Programa VIRA, unha solución de intelixencia artificial que optimiza o reparto de pensos mediante sensores instalados en silos, así como un plan de renovación de tendas orientado a introducir melloras significativas nos puntos de venda, entre as que destacan a remodelación completa da tenda de Grao e as novas instalacións en Posada de Llanes.

En liña co seu compromiso coas persoas, a cooperativa anunciou a posta en marcha dun novo Programa de Bolsas Campoastur, dirixido a fillos e fillas de socios que cursen estudos de FP de Grao Superior, graos universitarios ou máster, con mención especial a disciplinas vinculadas ao sector primario e que buscan premiar a excelencia.
En palabras do seu director xeral, Jesús López, “Campoastur demostrou que é posible medrar con eficiencia, investir con responsabilidade e transformar o medio rural sen perder de vista o esencial. En 2025 estamos a dar un paso máis: ampliamos a nosa rede e melloramos os nosos servizos. Apostamos pola innovación, sempre á beira de quen fai isto posible cada día.”

Renovación do Consello Reitor

çDurante a Asemblea tamén se procedeu á renovación ordinaria do Consello Reitor, coa confirmación de Carlos García como presidente e Andrés Álvarez como tesoureiro. Foron tamén reelixidos os interventores Eloy Rozada e Rocío Rodríguez, e incorporado como vogal, en elección extraordinaria, Saúl González

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información