A cooperativa Campoastur alcanzou unha facturación récord de 92 millóns en 2023

Campoastur 2024 2Na Asemblea Xeral de Delegados celebrada hoxe no Hotel Las Caldas en Oviedo, Campoastur presentou as súas contas anuais, o informe de xestión do exercicio 2023 e levou a cabo a renovación parcial do seu consello reitor.

A cooperativa pechou o ano 2023 cun beneficio neto de 588.844,44 euros, o que representa un incremento importante respecto ao ano anterior. A cifra de negocio obtida por Campoastur en 2023 ascendeu a 92.153.122,16 euros, superando os 82.919.775,78 euros alcanzados en 2022.

Este notable crecemento reflicte a sólida xestión e o compromiso continuo de Campoastur cos seus socios e a comunidade. Durante a asemblea, tamén se renovaron os cargos do Consello Reitor. Na elección ordinaria elixíronse o vicepresidente e vocais.

Ademais, comunicouse a xubilación, a final de ano, do actual director xeral da cooperativa, Marcelino González, e presentouse a Jesús López, quen se incorporou recentemente ao equipo directivo como director xeneral e que,
até fin de ano , estará en compañía de González.

Carlos García, presidente da Campoastur, destacou na súa intervención que “pechamos un ano 2023 moi positivo para a cooperativa, no que a maiores dos resultados económicos xerados tamén se mantivo a prestación de servizos aos socios, a pesar das grandes dificultades do actual mercado laboral. Tamén se avanzou na comercialización de produtos, incrementando os litros de leite comercializados e consolidando a nova liña comercialización de tenreiros cruzados. Grazas a estas accións puidemos incrementar o número de socios”.

Pola súa banda Marcelino González, apuntou que “Campoastur pechou 2023 con moi bos resultados, aínda coa situación dos mercados e dos incrementos de custos inflacionarios. Son os mellores resultados da historia de Campoastur tanto por volume de vendas como por beneficio xerado. De cara ao exercicio actual a cooperativa mantense na senda de crecemento e cunha previsión de resultado moi positiva”.

Campoastur, o referente cooperativo do mundo rural asturiano

Campoastur é unha cooperativa agraria, con servizos integrais no medio rural, que nace da fusión de varias cooperativas do Principado de Asturias, e que integra a 7.000 socios cooperativistas e unha rede de 18 delegacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información