A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A cooperativa AIRA celebra un ouro histórico para o seu queixo “Pambre”

O queixo Pambre, elaborado por Queixos de Galicia, convértese nun dos mellores do mundo nos World Cheese Awards 2025-26

Captura de pantalla 2025-11-27 154718A cooperativa agroalimentaria AIRA acaba de acadar un novo fito coa concesión da medalla de ouro ó queixo Pambre, un Arzúa-Ulloa elaborado en Queixos de Galicia, sociedade participada por AIRA e GARCÍA BAQUERO. O prestixioso recoñecemento dos World Cheese Awards 2025-26, un dos certames máis relevantes do sector lácteo internacional, supón un impulso decisivo .

Este galardón internacional, un dos máis relevantes do sector lácteo, destaca non só a excelencia do produto, senón tamén o modelo de colaboración que sustenta o proxecto. Queixos de Galicia combina a traxectoria industrial e a capacidade de innovación de García Baquero co arraigo, a profesionalidade e o compromiso co rural galego que caracterizan a AIRA.

Para a Cooperativa, este ouro representa un recoñecemento directo ó traballo diario das ganderías socias, cuxo leite fai posible manter un nivel de calidade que agora se ve avalado a nivel mundial. O premio reflicte o coidado en cada paso do proceso: desde a produción responsable nas granxas ata a elaboración na planta de Palas de Rei.

“A distinción ó queixo Pambre consolida a estratexia de AIRA a favor da calidade, a innovación e o desenvolvemento sostible do rural, así como a aposta por situar os produtos galegos nos mercados e concursos máis esixentes”, sinalan desde a Cooperativa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *