Convocatoria para investimentos en actividades empresariais non agrícolas no rural

Medio Rural publica a convocatoria que conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros

Publicidade
Convocatoria para investimentos en actividades empresariais non agrícolas no rural

Os apoios permiten financiar, entre outras cuestións, proxectos de transformación de produtos agrarios.

Administración convocante: Consellería de Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioO90-261224-0001_gl.html

Prazo: Ata 28/02/2025

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución coas bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas na convocatoria de 2025, que contan cun orzamento de 1,7 millóns de euros. Poderán beneficiarse destas axudas as pequenas empresas situadas en zonas rurais e as persoas físicas que residan nestas contornas, que desenvolvan a súa actividade en ámbitos tales como a produción de bens e materiais, a transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, a prestación de servizos sociais ou a artesanía e actividades artesanais, entre outros.

Estas achegas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural permiten reforzar o tecido socioeconómico no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos e á consolidación dos existentes e, en última instancia, consolidar e impulsar a dinamización económica destes territorios.

As axudas convócanse en réxime de concorrencia competitiva e financiarán proxectos destinados á adquisición de bens de equipo inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, nunha¡ aposta pola ampliación e modernización do sector produtivo no medio rural.

Ligazón á resolución das axudas para investimentos en actividades non agrícolas no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioO90-261224-0001_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *