Convocadas as axudas para apicultura

Publicidade
Convocadas as axudas para apicultura

Administración convocante: Consellería de Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260130/AnuncioG0426-091225-0003_es.html

Prazo: Ata 13/03/2026

Resumo:

A Consellería de Medio Rural vén de convocar as axudas á apicultura, que están dotadas neste 2026 con máis de 1,4 millóns de euros, no marco da Intervención Sectorial Apícola do Plan estratéxico da política agraria común.

Os apoios permitirán subvencionar as actividades realizadas entre o 1 de agosto de 2025 e o 31 de xullo de 2026, ambos inclusive, período de duración dunha campaña apícola.

Os principais obxectivos destas axudas son o mantemento e o fomento desta actividade en Galicia. O informe constata que esta finalidade se está cumprindo, consonte a esa evolución favorable do número de colmeas e de explotacións nos últimos anos, que converten a Galicia nunha das principais comunidades autónomas do sector.

De feito, en 2025 deuse apoio a 2.172 apicultores cunha achega destinada a máis de 195.000 colmeas. Nos últimos 13 anos, multiplicáronse por tres o número de apicultores beneficiarios -foron 638 en 2013- e reflicte o progresivo aumento da rendibilidade do mel e produtos derivados, contribuíndo a que persoas mozas opten por desenvolver un proxecto produtivo vinculado a esta actividade agrícola.

A través destas achegas financiaranse diferentes servizos de carácter técnico; investimentos en activos materiais e inmateriais, entre os que se inclúe a loita contra invasores como a vespa velutina ou enfermidades como a varroose; actuacións de análise que permitan incrementar o número de abellas ou a súa produción; a promoción, comunicación e comercialización dos produtos e as actividades que permitan incrementar a súa calidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *