Convocatoria de axudas para empresas e produtores afectados por pragas de corentena

Os apoios buscan cubrir perdas derivadas de incautacións de patacas, por mor da couza guatemalteca, e de plantas de viveiro afectadas polo ‘Fusarium’, un fungo que dana os piñeiros

Publicidade
Convocatoria de axudas para empresas e produtores afectados por pragas de corentena

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220812/AnuncioG0426-260722-0006_gl.html

Prazo: Ata 14/11/2022

Resumo:

A Consellería do Medio Rural indemnizará economicamente a aqueles propietarios cuxos cultivos foran danados polas medidas fitosanitarias adoptadas sobre os vexetais afectados polos organismos de corentena. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) coa publicación da correspondente orde, que conta cun orzamento inicial de 75.000 euros.

Poderán ser beneficiarias destas indemnizacións as persoas, tanto físicas como xurídicas, e as entidades sen personalidade xurídica cuxos produtos vexetais se vexan afectados polas medidas fitosanitarias adoptadas debido á declaración de praga por parte da autoridade competente. Así mesmo, tamén poderán optar a estas indemnizacións as pemes agrarias.

En concreto, as axudas buscan paliar as perdas derivadas da couza guatemalteca da pataca, por entrega de producións que se tivesen que destruír nas zonas afectadas, e polo fungo ‘Fusarium’ en viveiros adicados á produción de planta de coníferas.

O prazo para a súa presentación será de tres meses contados a partir do día de mañá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *