A convocatoria de axudas de incorporación ó agro e plans de mellora avalíase no Consello da Xunta a próxima semana

A convocatoria de axudas de incorporación ó agro e plans de mellora avalíase no Consello da Xunta a próxima semana

Nave gandeira. / Arquivo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que inaugurou hoxe a I Mostra de Calidade Alimentaria, avanzou na súa intervención que a próxima semana o Consello da Xunta avaliará as axudas de incorporación ó agro para persoas mozas, de plans de mellora e de apoio ao desenvolvemento de pequenas explotacións.

É unha convocatoria con tres liñas de axudas que suman 37,5 millóns de euros, segundo explicou Feijoo hoxe en Sergude (Boqueixón), no marco da feira alimentaria organizada polo Goberno galego. Unha vez que as axudas pasen polo Consello da Xunta do xoves 23, espérase a súa próxima publicación no Diario Oficial de Galicia, momento no que se abriría a convocatoria.

“A mensaxe que lles estamos a transmitir é que existe un rural vivo” afirmou, aludindo tamén a tres iniciativas no rural que a Administración galega aspira a financiar con Fondos Next Generation: a biofábrica de fibras téxtiles, a mobilización de 18.000 hectáreas de terra a partir dos instrumentos da Lei de recuperación, e a planificación por 570 millóns de euros dun “centro para o impulso da economía circular” -en palabras de Feijoo-, enfocado á xestión de residuos agrarios e excedentes de puríns, residuos urbáns e outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información