Convocatoria de axudas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeira en 2025

Cun orzamento de 2,28 millóns de euros, as achegas apoiarán programas de prevención e control de enfermidades animais en Galicia

Convocatoria de axudas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeira en 2025

Imaxe de arquivo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) fai pública a convocatoria das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeira para o 2025. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes a partir do 15 de xaneiro. Estas axudas contan cun orzamento de 2,28 millóns de euros.

As achegas están enfocadas no traballo que estas entidades fan para desenvolver programas de prevención e control das enfermidades animais, así como a súa implicación na rede galega de vixilancia epidemiolóxica de enfermidades animais.

Esta convocatoria de axudas abarcará os programas de planificación zoosanitaria que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2025 ata o 28 de febreiro de 2026. Estes programas melloran o benestar dos animais e a hixiene das explotacións, ademais de elevar o nivel produtivo e sanitario.

As agrupacións facilitan o cumprimento da normativa vixente sobre identificación, benestar e sanidade animal, incentivando a integración dos gandeiros mediante axudas proporcionais ao esforzo económico destas entidades.

Ademais, as ADSG poden aplicar medidas sanitarias adicionais segundo as necesidades da zona e características de cada agrupación, colaborando na vixilancia de enfermidades como a lingua azul ou a enfermidade hemorráxica epizoótica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información