Convocatoria de axuda para compensacións complementarias por lucro cesante e a reposición de gando

Cun orzamento de 125.000 euros, beneficiará a aquelas explotacións nas que, por orde da autoridade competente, se levaran a cabo sacrificios ou a destrución de animais no marco dos programas de erradicación de enfermidades ou actuacións sanitarias oficiais

Publicidade
Convocatoria de axuda para compensacións complementarias por lucro cesante e a reposición de gando

Administración convocante: Consellería de Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260116/AnuncioG0426-291225-0016_gl.html

Prazo: Ata 30/11/2026

Resumo:

A Consellería do Medio Rural lanza as axudas de compensación complementarias por lucro cesante e achegas para a reposicións dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando pola execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, que contan cun orzamento de 125.000 euros.

Xa están dispoñibles as bases e poderán beneficiarse aquelas persoas titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas nas que por orde da autoridade competente se levara a cabo o sacrificio obrigatorio ou a destrucións de animais por motivos de sospeita ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa de erradicación ou una actuación sanitaria oficial, como pode ser a tuberculose ou a brucelose, entre outras.

Tamén se incluirán os casos de animais que morresen durante o seu manexo mentres se desenvolvían as actuacións sanitarias oficiais, e os casos de morte ou sacrificio/matanza deses animais como consecuencia da aplicación dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

Poderá subvencionarse a compra de animais para repoñer a aqueles que se sacrificaran pola aplicación dos programas oficiais

As axudas están destinadas a compensar o período de inactividade das explotacións nas que se determina o seu baleiro sanitario (sacrificio de todo o gando), subvencionándose, en base ás marxes brutas medias das diferentes actividades produtivas das explotacións, tanto o período de corentena (dende o sacrificio ata que a Consellería do Medio Rural autoriza a incorporación de novos animais), como os tres meses posteriores, no caso de que o gandeiro non repoña nese tempo o gando.

A través destas achegas poderá subvencionarse tamén a compra de animais para repoñer a aqueles que se sacrificaran pola aplicación dos programas oficiais. A intensidade das axudas é do 100 % dos custos subvencionables e así favorecer o desenvolvemento económico das explotacións bovinas, ovinas e cabrúas afectadas por estas enfermidades.

As axudas poderán solicitarse ata o 30 de novembro de 2026.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información