Convocatoria das axudas para maquinaria en común e resolución das do 2024

Medio Rural resolveu a concesión de apoios a 42 entidades, por un total de 5,1 millóns de euros. A nova convocatoria de 2025 está dotada de 1,4 millóns de euros

Publicidade
Convocatoria das axudas para maquinaria en común e resolución das do 2024

Imaxe de arquivo.

Administración convocante: Consellería de Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250115/AnuncioG0426-231224-0001_gl.html

Prazo: Ata 17/02/2025

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución das axudas para o fomento do uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo, beneficiando a 42 entidades con 5,1 millóns de euros.

As achegas están destinadas a cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación (SAT) para financiar maquinaria de uso común e estudos técnico-económicos de viabilidade da operación, reducindo custos de produción e mellorando a produtividade.

Os obxectivos inclúen promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuarios e o uso de novas tecnoloxías, racionalizar os custos de mecanización, incrementar a seguridade laboral, reducir emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético. Todo isto busca mellorar a calidade de vida no medio rural.

Convocatoria 2025
Ademais, o DOG publica as bases para a convocatoria de 2025, que conta cun orzamento de 1,44 millóns de euros financiados polo Instrumento de Recuperación da Unión Europea (EURI). O prazo de solicitude comeza o 16 de xaneiro e estará aberto durante un mes.

Os beneficiarios serán cooperativas, Cumas ou Sat que non leven constituídas máis de 5 anos. O 50% do orzamento destínase a maquinaria de aplicación de xurros e fitosanitarios e a outra metade ó resto de maquinaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información