Selga, a empresa de silvicultura ligada á Asociación Forestal de Galicia, dirixe unha mesa de traballo sobre as novas normativas forestais que se aveciñan na comunidade. O evento, aberto a comunidades de montes, propietarios forestais e persoas interesadas, busca tanto asesorar ó sector forestal como coñecer os puntos de vista das persoas participantes. A mesa de traballo enmárcase no proxecto Gefrecon, orientado á prevención de incendios forestais, que está promovendo o Instituto Tecnológico de Galicia.
A participación na mesa de traballo é aberta. A xornada desenvolverase online, tendo en conta as actuais restriccións pola Covid, e farase o venres 18 de decembro a partir das 16.30 horas. Poderase acceder ó evento a través deste link.
O programa da xornada é o seguinte:
– Presentación do proxecto Gefrecon, Fernando Echevarría.
– Contratos de xestión pública, Daniel Rodríguez.
– Plan Forestal de Galicia, Francisco Dans.
– Agrupacións forestais de xestión conxunta, Daniel Rodríguez.
– Revisión da Lei de Prevención e Extinción de Incendios Forestais, Xosé Covelo.