Convócanse as axudas de incorporación e de plans de mellora

En total, destínanse 36 millóns de euros para seguir afondando na remuda xeracional no sector agrogandeiro. Poderán solicitarse ata o 12 de xullo

SAT Lodos e Perez instalacionsO Diario Oficial de Galicia publica hoxe as convocatorias das axudas de plans de mellora e incorporación de mozos no marco do Plan estratéxico da Política Agraria Común (Pepac), dotadas en total con 36 millóns de euros

En canto ás axudas de incorporación, contan cun orzamento de 30,5 millóns de euros para apoiar ás persoas agricultoras mozas, diferenciando dúas liñas: por un lado, mobilizaranse 16 millóns para o establecemento de agricultores mozos e, por outro, 14,5 millóns para investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias.

Ademáis, establécese unha liña de axudas para os plans de mellora non aprobados aos mozos que resultaron beneficiarios da convocatoria 2024 da incorporación de mozos, co obxectivo de facilitar o inicio da súa actividade produtiva e favorecer que poidan completar o seu investimento na explotación. En concreto, destíanse a esta finalidade 5,5 millóns de euros.

Axudas de incorporación

A través desta liña de establecemento de agricultores mozos búscase apoiar ás persoas de entre 18 e 40 anos, ambos incluídos, que queiran incorporarse á actividade agrogandeira. Para iso, deberán presentar un plan empresarial, permanecer na actividade agraria durante un prazo de cinco anos desde o pago final da axuda e participar no programa de titorización que presta a Consellería do Medio Rural a persoas agricultoras mozas.

O importe da axuda será de 30.000 euros, que poderá incrementarse ata os 70.000 euros en función da aplicación dos criterios muller, explotación localizada en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000, explotación ecolóxica e titularidade compartida.

Sobre os plans de mellora que se recollerán nesta orde, o requisito para obter esta axuda é o de ser unha persoa moza que solicita simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas agricultoras mozas.

O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 %, cun máximo de 75.000 euros/UTA e un límite de 250.000 euros/beneficiario.

Plans de mellora

Ademáis, establécese unha liña de axudas para os plans de mellora non aprobados aos mozos que resultaron beneficiarios da convocatoria 2024 da incorporación de mozos, co obxectivo de facilitar o inicio da súa actividade produtiva e favorecer que poidan completar o seu investimento na explotación. En concreto, destínanse a esta finalidade 5,5 millóns de euros.

O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 %, cun máximo de 75.000 euros/UTA e un límite de 250.000 euros/beneficiario.

Prazo de solicitude: Ata o 28 de xullo

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. É dicir, ata o 28 de xullo.

Todas estas achegas están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural (Feader), o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e por fondos propios do Goberno autonómico. En total, 36 millóns de euros cos que seguir impulsando a remuda xeracional no agro galego.

Enlace á convocatoria de axudas de incorporación

Enlace á convocatoria de axudas de plans de mellora

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información