O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural e do Mar da convocatoria dos concursos correspondentes á XXVII Cata dos viños de Galicia, á XVII Cata das augardentes de Galicia, á IV Cata dos licores de herbas e de café de Galicia e das augardentes de Galicia envellecidas e a II Cata das augardentes de herbas de Galicia, e se dá publicidade ás súas respectivas bases.
Todos estes certames terán lugar no vindeiro mes de xuño, sendo o prazo de presentación das solicitudes de participación de sete días a contar dende mañá, día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
Tal como establecen as citadas bases, as solicitudes relativas aos viños con denominación de orixe e ás augardentes e licores presentaranse na sede do consello regulador correspondente. Para o caso dos Viños da Terra enviaranse á Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sita en Santiago de Compostela (Avda. do Camiño Francés, 10).