O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP)-As Mercedes, de Lugo, impartirá o primeiro ciclo de formación profesional dual en Galicia de FP en grao medio de “Electromecánica de maquinaria” agrícola.
As prácticas serán remuneradas dende o inicio e realizaranse nas empresas colaboradoras Magrino SL, Agrobarreiro SL, e Talleres Estévez, todos eles servizos oficiais de John Deere. Os talleres onde se realizarán as prácticas están en Santa Comba, A Coruña, Santiago, Lugo, Chantada, Verín e Xinzo de Limia.
O prazo de solicitude está aberto ata o 17 de decembro. Máis información no teléfono 982 22 12 12, no correo electrónico cifp.asmercedes@edu.xunta.es ou na web www.cifpasmercedes.org