Convocados os Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE) o extracto da convocatoria da XII edición dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais correspondentes ao ano 2021.

Estes premios, que o Ministerio convocou anualmente desde o ano 2010, son unha das das principais liñas de recoñecemento do Goberno de España ao traballo, proxectos e traxectoria destacables das mulleres no medio rural.

Con eles búscase dar visibilidade ao labor que desempeñan as mulleres no medio rural, e á súa contribución imprescindible no desenvolvemento destes territorios, coa posta en marcha de proxectos que son moitas veces expoñentes da diversificación económica, a innovación e o emprendemento no territorio rural.

Por iso, estes galardóns distinguen proxectos novos, excelentes e orixinais realizados por mulleres rurais, así como actuacións que recoñezan o traballo e o papel das mulleres no medio rural.

Inclúen catro categorías: excelencia á innovación na actividade agraria, excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola, excelencia á innovación na diversificación da actividade económica do medio rural e excelencia á comunicación. En cada unha delas premiaranse tres iniciativas e concederanse un primeiro, segundo e terceiro premio de 18.000, 12.000 e 7.500 euros, respectivamente.

A estas categorías súmase un premio extraordinario de carácter honorífico: recoñecemento especial pola traxectoria vinculada ao apoio ás mulleres no medio rural.

O prazo de presentación das candidaturas a estes premios finaliza o 4 de xuño de 2021, un mes despois do seu anuncio no BOE.

Para ampliar a información clique aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información