Convocados os premios de Agader para proxectos no rural

Publicidade
Convocados os premios de Agader para proxectos no rural

Os premios están distribuídos en 8 categorías

Administración convocante: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220127/AnuncioO90-301221-0011_gl.html

Prazo: Ata 28/02/2022

Resumo:

A convocatoria e as bases reguladoras da décimo terceira edición dos Premios ao desenvolvemento rural de Galicia vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia. A Consellería do Medio Rural destinará 80.000€ que se repartirán entre os gañadores das oito categorías. Cada un recibirá 10.000 euros, que terán que reinvestirse en cada un dos proxectos premiados. O prazo para presentar as súas candidaturas, con iniciativas que deben estar concluídas con carácter previo á publicación desta convocatoria, é dun mes.

As oito categorías que existen son: de mozos, para persoas de menos de 40 anos; paisaxe rural, para iniciativas de intervención, mellora e posta en valor das paisaxes rurais produtivas de Galicia, nas que se integren os elementos e valores culturais e naturais co aproveitamento agrario; de interese social, para aqueles proxectos orientados á integración de colectivos desfavorecidos ou do coidado dos maiores; categoría de turismo; do sector agrogandeiro; de mulleres rurais, para iniciativas levadas a cabo ou encabezadas por elas; de innovación tecnolóxica e, por último, de recuperación e posta en valor da terra agraria.

Quedarán excluídas aquelas iniciativas que obtivesen premio nalgunha das anteriores edicións dos premios Agader ou que se encontren en fase de deseño ou execución na data de publicación da convocatoria dos premios. Así mesmo, tampouco poderán concorrer aqueles proxectos que estean relacionados coa exportación a terceiros países ou estados membros.

Entre os criterios de valoración estará o feito de como a iniciativa influíu na actividade económica do territorio e á creación do emprego. Así mesmo terase en conta o seu grao de sustentabilidade, de innovación e de consolidación. A nivel social, valorarase tanto a súa contribución á incorporación e inserción laboral da muller no proxecto, como o seu grao de implicación en políticas de igualdade. Tamén sumarán puntos aquelas iniciativas que favorezan a inserción de colectivos ou persoas desfavorecidas e as que dean apoio social, en xeral.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información